Herminio Masantonio
Herminio Masantonio | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Herminio Masantonio | ||
Nacemento | 5 de agosto de 1910 | ||
Lugar de nacemento | Ensenada | ||
Falecemento | 11 de setembro de 1956 | ||
Lugar de falecemento | Buenos Aires | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Club Sportivo Villa Albino | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1931–1943 / 1945 | CA Huracán | 349 | (254) |
1943 | Defensor Sporting | 11 | (3) |
1944 | CA Banfield | 7 | (2) |
Total | 367 | (259) | |
Selección nacional | |||
1935–1942 | Arxentina | 19 | (21) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Herminio Masantonio, nado o 5 de agosto de 1910 en Ensenada (Provincia de Buenos Aires) e finado en Buenos Aires o 11 de setembro de 1956, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Ostenta a mellor media anotadora da selección de fútbol da Arxentina con 1,10 goles por encontro, tamén é o terceiro máximo anotador da historia do fútbol arxentino, o primeiro da historia do CA Huracán e o 92º do mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira futbolística co comezo do profesionalismo na Arxentina en 1931 no CA Huracán, equipo no que xogou doce anos. Tamén xogou no Uruguai no Defensor Sporting e no CA Banfield de novo na Arxentina, onde compartiu dianteira con Armando Farro e Jorge Alcalde.
Retirouse en 1945 despois de 259 goles en 367 encontros na máxima categoría arxentina.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo (en castelán)
- Ficha en bdfa.com.ar (en castelán)