Rodrigue Beaubois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Rodrigue Beaubois
Rodrigue Beaubois 10 - Saski Baskonia 20171215 (cropped).jpg
Anadolu Efes  – No. 1
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 24 de febreiro de 1988 (30 anos)
Unofficial flag of Guadeloupe (local).svg Pointe-à-Pitre, Guadalupe
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Cholet Basket LNB
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 25

Por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Cholet Basket (2006–2009)
Dallas Mavericks (2009–2013)
Spirou Charleroi (2014)
Le Mans Sarthe (2014–2015)
Strasbourg IG (2015–2016)
Baskonia (2016–2018)
Anadolu Efes (2018–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2011)

Rodrigue Beaubois, nado en Pointe-à-Pitre (Guadalupe) o 24 de febreiro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto francés que actualmente xoga no Saski Baskonia da Liga ACB. Con 1,88 metros de altura, xoga na posición de base.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beaubois foi descuberto polo xogador da NBA Mickael Pietrus nun campus de baloncesto celebrado en Guadalupe.[1] De alí chegou ao Cholet Basket da liga francesa, onde se integrou no seu centro de formación, xogando primeiro unha tempada no seu equipo junior, onde fixo 10,8 puntos e 2,3 asistencias por partido.[1] Ao ano seguinte integrouse no equipo profesional , pero só xogou cinco partidos co mesmo na tempada.[2] Ese mesmo ano foi por primeira vez convocado coa selección francesa sub-20.[3]

Tras unha primeira tempada xa completamente integrado no primeiro equipo, a súa explosión foi ao ano seguinte, no que acabou con 10 puntos e 2,5 rebotes por partido, xogando o seu mellor encontro ante Roanne, no que conseguiu 31 puntos, 8 asistencias e 5 roubos de balón.[1]

Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2009 por Oklahoma City Thunder,[4] mais foi inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks xunto cunha futura segunda rolda do draft a cambio dos dereitos da elección 24, B. J. Mullens.[5] En xullo de 2009 comprometeuse co equipo texano por dúas tempadas.[6]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo P PTS REB AST ROU TAP %TC %3P %TL MIN PER
2007-08 Cholet Basket 24 5.5 1.6 1.3 0.7 0.4 .511 .435 .777 13.3 1.0
2008-09 Cholet Basket 29 10.0 2.5 2.3 1.1 0.2 .633 .317 .583 22.3 1.9
Total: 50 7.5 2.2 1.9 0.9 0.3 .541 .398 .622 17.8 1.4

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]