Dominique Jones
Jilin Northeast Tigers – No. 55 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1988 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | Lake Wales (Florida) |
Universidade | South Florida (2007–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Memphis Grizzlies |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Dallas Mavericks (2010–2013) → Texas Legends (2010) → Texas Legends (2012) → Springfield Armor (2013) Liaoning Flying Leopards (2013−2014) Jilin Northeast Tigers (2014−2015) Atenienses de Manatí (2015) Shanxi Zhongyu (2015) Qingdao DoubleStar (2016−2017) Azad University Tehran (2017) Nanjing Monkey King (2017) Petrochimi Bandar Imam (2018) Jilin Northeast Tigers (2018−presente) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2011) |
Dominique O'Neal Jones, nado o 15 de outubro de 1988 en Lake Wales, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Jilin Northeast Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Jones entrou na USF e xogou de inicio en todos os partidos na primeira tempada. Fixo 17,1 puntos por partido, con 4,6 rebotes e 2,8 asistencias. Na súa segunda tempada, mellorou a súa media de anotación (18.1), de rebotes (5.6) e de asistencias (3.9). No seu ano júnior liderou a Big East Conference en anotación con 21,4 puntos, e tamén capturou 6,1 rebotes e repartiu 3,6 asistencias. Anotou o seu maior rexistro da tempada con 46 puntos na vitoria por 109-105 sobre os Providence Friars.[1] USF tivo unha marca de 20–13 e Jones foi escollido no primeiro equipo do All-Big East.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi seleccionado na 25ª posición do draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Os Grizzlies traspasaron os seus dereitos aos Dallas Mavericks a cambio de preto de 3 millóns de dólares. O 30 de novembro de 2010, os Mavericks mandaron a Jones aos Texas Legends da NBA D-League,[2] e foi chamado de volta en xaneiro de 2011 despois da lesión de Caron Butler. Anotou 9 puntos no seu regreso, na vitoria de Dallas por 104-95 sobre os Cleveland Cavaliers.[3] Unha lesión no pé apartouno por bastante tempo na tempada tras facer 2.3 puntos en 18 partidos.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dominique Jones ESPN.com
- ↑ "Mavs Send Beaubois, Jones To D-League". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 16 de maio de 2011.
- ↑ Mavericks vs. Cavaliers 01/03 boxscore
- ↑ Sefco, Eddie. Mavericks' rookie Dominique Jones to miss significant time with foot injury[Ligazón morta]