Saltar ao contido

Peja Stojaković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeja Stojaković

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Požega, Croacia Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata - 2011 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Federal de Iugoslavia
Serbia e Montenegro
Grecia
Serbia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porSacramento Kings Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1992–1993 KK Crvena zvezda
1993–1998 PAOK Tesalónica BC
1998–2006 Sacramento Kings
2006–2006 Indiana Pacers
2006–2010 New Orleans Pelicans
2010–2011 Toronto Raptors
2011–2011 Dallas Mavericks
Participou en
2003Campionato europeo de baloncesto de 2003
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002
2001Campionato europeo de baloncesto de 2001
2000Xogos Olímpicos de 2000
1999EuroBasket 1999 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAndrej Stojaković Editar o valor en Wikidata

Predrag "Peja" Stojaković (en serbio: Предраг "Пеђа" Стојаковић), nado en Požega (Croacia) o 9 de xuño de 1977, é un ex xogador profesional serbio de baloncesto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Croacia, daquela pertencente a Iugoslavia, e tralo inicio da Guerra dos Balcáns foi coa súa familia a Belgrado (Serbia). Logo dun ano no Estrela Vermella de Belgrado, en 1993 mudouse a Grecia para xogar profesionalmente co PAOK Thessaloniki. Dende 1993 posúe tamén a nacionalidade grega. Estivo xogando na A1 Ethniki durante catro tempadas, até o seu salto á NBA.

Sacramento Kings

[editar | editar a fonte]

Os seus 2,08 metros de estatura leváronlle a ser seleccionado en 1996 polos Sacramento Kings no draft da NBA. Stojaković continuou xogando en Grecia até a tempada 1998-99, ao termo da cal fichou polos Kings. Despois de dúas tempadas no banco en Sacramento, asentouse na NBA na tempada 2000-01 ao facer medias de 20,4 puntos e 5,8 rebotes por partido e conseguir unha media de 40% en triplos, o que lle serviu para finalizar en segunda posición na votación para ser o Xogador Máis Mellorado da NBA. Ese ano ademais quedou subcampión do concurso de triplas]] do All-Star Game, quedando tan só 2 puntos por baixo de Ray Allen, que fixo 19. A partir de aí converteuse nun fixo no quinteto dos Kings, onde compartiu os mellores anos da franquía xunto con Mike Bibby, Doug Christie, Chris Webber, e o seu gran amigo, Vlade Divac.

No ano 2002, os Kings chegaron ao seu apoxeo xunto cun gran Stojakovic, que fixo 21,2 puntos e 5,2 rebotes por partido. Ademais ese ano chegaron á final de Conferencia, pero Los Angeles Lakers roubáronlles o soño de chegar á Final da NBA, cun apertado 4-3. Peja Stojaković non callou un gran Play-Off e quedou con 14,8 puntos por partido. Como logro persoal, Stojaković gañou o seu primeiro concurso de triplas do All-Star Game en Filadelfia, empatando a 19 con Wesley Person, pero gañando no desempate 9 a 5 triplos. Ademais debutou no partido do All-Star Game, xogando 18 minutos e anotando 11 puntos.

Durante o ano 2003, só cabe destacar a final do concurso de triplos que realizou Stojaković contra Person de novo, que se desenvolveu entre un caos de bucinas que soaban no medio da súa actuación coma se acabar o tempo, e mesmo balóns que estiveron a piques de darlle, así que a organización que xa vía os asubíos do público decidiu anular esa serie (onde conseguiría 13 puntos) e deixar que fose Person o primeiro en comezar. Person que xa empezaba a notar o cansazo, fixo un total de 16 puntos. Chegaba a quenda de Stojakovic, que se supuña que xa estaría bastante cansado ante o seu cuarto intento da noite, pero foi todo o contrario. Fixo unha serie magnífica con 22 puntos (igualando o récord da final que tiña Craig Hodges), e a punto estivo de conseguir máis, xa que quedou no último carro con só 2 puntos. Por segundo ano consecutivo, xogou o All-Star Game de Atlanta, con 13 minutos sobre a pista e anotando 5 puntos.

Houbo que esperar ao ano 2004 para ver ao "gran" Stojaković en acción, aproveitou a lesión de Webber para converterse na "xogador franquía" de Sacramento, facendo 24,2 puntos, 6,3 rebotes e 2,1 asistencias por noite en 81 partidos, ademais de conseguir un 43% de acerto en tiros de 3 puntos. Realmente unha tempada fantástica de Peja Stojaković, que Minnesota Timberwolves encargouse de estragar ao eliminar a Sacramento en Semifinais de conferencia por un axustado 4-3, ademais cabe sinalar que perdeu a final do concurso de triplas contra Voshon Lenard por 2 triplos, e despois de 3 anos seguidos gañándoa, xa non volveu a xogar outro concurso de triplos. Tamén foi, de momento o seu último All Star Game, nos Ánxeles, onde xogou 13 minutos, anotando 5 puntos.

A partir desta tempada, chegaron os problemas para Stojaković. Chris Webber recuperouse da súa lesión, pero Stojaković non mantiña boa relación con el, ademais, o seu amigo Divac fora contratado polos Lakers xa que os Kings non contaban con el. Entón fixo elixir os directivos dos Kings, ou el ou Webber. Ao final Webber foi traspasado case á data límite para realizar traspasos na NBA e acabou nos Philadelphia 76ers. Era a oportunidade para Peja de converterse na referencia dos Kings. Pero non foi así. Esa mesma tempada os Kings caeron de xeito vergoñento contra os Seattle SuperSonics en Primeira Rolda por 4-1, e a confianza en Stojaković comezaba a baixar xa que o seu nivel sempre decrecía na fase final do campionato e dubidábase da súa capacidade de liderado.

Indiana Pacers

[editar | editar a fonte]

Empezou a tempada 2005-06 con moitas dúbidas na franquía de Sacramento, e Stojaković non quería seguir nun equipo onde non crían nel e onde non se sentía motivado por todo o que ocorrera anos anteriores. Ao final, despois de 31 partidos e facendo 16,5 puntos por partido (o que reflectía que Peja non estaba a xogar concentrado), foi traspasado aos Indiana Pacers a cambio do problemático Ron Artest. En Indiana, Stojaković mellorou o seu xogo e acabou facendo 19,5 puntos e 6,3 rebotes por partido. Pero despois desta tempada, Stojaković quedaba como axente libre e podía elixir destino, e despois dun verán do 2006 moi movido, Peja acabou asinando polos New Orleans Hornets, cun contrato de 12 millóns $ até xuño de 2011, converténdose no mellor pago da franquía.

New Orleans Hornets

[editar | editar a fonte]

Despois de poder elixir el o seu destino, e rodeado de mozos con moito talento como Chris Paul, David West, Tyson Chandler, e veteranos como Desmond Mason ou Bobby Jackson. Pensábase que Peja volvería ao seu mellor nivel, pero unha grave lesión nas costas deixoulle disputar tan só 13 partidos a tempada 2006-2007, facendo 17,8 puntos e 4,2 rebotes. Por tanto, haberá que esperar á tempada 2007-2008 para ver a mellor versión de Peja Stojaković. A principios de tempada fíxolle un roto aos Los Angeles Lakers facendo 10/13 en triplos, a súa maior marca na NBA.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]