Hasheem Thabeet
![]() | |
Grand Rapids Drive – No. 34 | |
Posición | Pivote |
---|---|
Liga | NBA D-League |
Información persoal | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1987 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,21 m (7 ft 3 in) |
Peso oficial | 119 kg (263 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Connecticut (2006–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Memphis Grizzlies |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Memphis Grizzlies (2009–2011) →Dakota Wizards (D-League) (2009–2010) Houston Rockets (2011–2012) →Rio Grande Valley Vipers (D-League) (2011) Portland Trail Blazers (2012) Oklahoma City Thunder (2012–2014) Grand Rapids Drive (D-League) (2014–presente) |
Hasheem Thabeet, nado Hashim Thabit Manka o 16 de febreiro de 1987 en Dar es Salaam, é un xogador profesional tanzano de baloncesto que xoga nos Grand Rapids Drive da NBA Development League.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Profesional[editar | editar a fonte]
Thabeet foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies, e converteuse no primeiro xogador tanzano da NBA. O 25 de febreiro de 2010, foi enviado aos Dakota Wizards da NBA Development League.[1] Foi chamado de volta o 8 de marzo de 2010.[2]
O 24 de febreiro de 2011, o día límite de traspasos, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Shane Battier. Foi asignado outra vez á D-League, desta vez aos Rio Grande Valley Vipers, o 21 de marzo de 2011. O 11 de abril de 2011, foi chamado de volta polos Rockets.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Jonny Flynn a cambio de Marcus Camby.[3]
O 11 de xullo de 2012, asinou coma axente libre polos Oklahoma City Thunder.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Grizzlies send Thabeet to NBDL team
- ↑ "Grizzlies Recall Thabeet". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2012.
- ↑ "Trail Blazers Send Camby to Houston". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ "Thunder sign Hasheem Thabeet". NBA.com (NBA Media Ventures, LLC, Turner Sports Interactive, Inc.). 11 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en ESPN (en inglés)
- Perfil en NBA Draft.net (en inglés)
- Perfil nos UConn Huskies (en inglés)
- Perfil na NBA D-League (en inglés)