Darren Collison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Darren Collison
Darren Collison 20131118 Clippers v Grizzles.jpg
Indiana Pacers – No. 2
Base
Información persoal
Nacemento 23 de agosto de 1987 (31 anos)
California Rancho Cucamonga (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 73 kg (160 lb)
Información da carreira
Instituto Etiwanda
(Rancho Cucamonga, California)
Universidade UCLA (2005–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 21

Por New Orleans Hornets

Carreira dende 2009
Historial de equipos
New Orleans Hornets (2009–2010)
Indiana Pacers (2010–2012)
Dallas Mavericks (2012–2013)
Los Angeles Clippers (2013–2014)
Sacramento Kings (2014–2017)
Indiana Pacers (2017–presente)

Darren Michael Collison, nado o 23 de agosto de 1987 en Rancho Cucamonga (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA). Xogou anteriormente na universidade para os UCLA Bruins.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Collison declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009 e foi seleccionado na 21ª posición polos New Orleans Hornets. Con Chris Paul fóra durante dous meses en dous momentos na tempada 2009-10 diferentes, Collison se converteu no base titular. O 30 de xaneiro de 2010, Collison conseguiu 18 asistencias, o récord dun xogador coma rookie nos Hornets, ademais de 17 puntos na vitoria contra os Memphis Grizzlies, que remataba a xeira de 11 vitorias consecutivas de Memphis na súa casa, por 113-111 na prórroga. O 8 de marzo de 2010, Collison superou a súa propia marca con 20 asistencias, xunto con 16 puntos, na vitoria por 135-131 contra os Golden State Warriors. Nun partido contra os Indiana Pacers, o 19 de febreiro de 2010, Collison converteuse no segundo rookie da tempada en conseguir un triplo-dobre, con 18 puntos, 13 rebotes e 12 asistencias. Rematou 4º na votación do Rookie do Ano da NBA, e acadou 18.8 puntos e 9.1 asistencias.

O 11 de agosto de 2010, os Hornets traspasaron a Collison e a James Posey aos Indiana Pacers nun traspaso entre catro equipos, no que se viron involucrados cinco xogadores.[1] O 12 de xullo de 2012, Collison e Dahntay Jones foron traspasados ós Dallas Mavericks a cambio de Ian Mahinmi.[2] Collison converteuse no base titular de Dallas tras a marcha de Jason Kidd coma axente libre. O 10 de xullo de 2013, Collison asinou cos Los Angeles Clippers.[3] O 12 de xullo de 2014, Collison asinou cos Sacramento Kings.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  2. It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones
  3. "Clippers sign Matt Barnes, Darren Collison, Ryan Hollins and Chris Paul". NBA.com. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  4. "Kings Sign Darren Collison". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]