Cholet Basket
Cholet Basket | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A |
Alcume | Le CB |
Fundación | 1975 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Seareiros | Les C’Bulls |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | La Meilleraie |
Capacidade | 5 191 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2010) |
Copa | 2 (1998, 1999) |
cholet-basket.com |
O Cholet Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Cholet, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2010 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, o que supuxo o seu terceiro título importante tras gañar en 1998 e 1999 a Copa. O Cholet xoga os seus partidos como local en La Meilleraie, un pavillón con capacidade para 5 191 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O baloncesto chega á cidade de Cholet en 1928 coa creación da sección de baloncesto do club deportivo Jeune France por Jean Leroux. Coa ambición de chegar á Nationale 1, máxima categoría do baloncesto francés, os dirixentes da sección de baloncesto deciden abandonar o Jeune France e fundar en 1975 o Cholet Basket baixo a presidencia de Michel Léger. O club consegue o seu obxectivo en tan só doce anos, debutando na primeira división na temporada 1987−88. O equipo consegue manterse na categoría e aos poucos comeza a finalizar normalmente entre os dez primeiros clasificados. En 1999 o club gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia, conseguindo ademais clasificarse para xogar na Euroliga. Na máxima competición continental finalizou cun balance de tres vitorias e trece derrotas.
O club sempre destacou polo seu sistema de formación de novos xogadores. De feito, na temporada 2004−05, dos doce xogadores do equipo profesional, até dez viñan das categorías de formación do club. Algún exemplo destes xogadores son Antoine Rigaudeau, Jim Bilba ou Mickaël Gelabale. Na temporada 2008−09 o Cholet estivo a piques de gañar o seu primeiro título continental, mais perde na final do EuroChallenge (75–77) ante a Virtus Bologna.[1] Porén, a decepción durou pouco, xa que no ano 2010 o equipo consegue gañar o seu primeiro título de Liga após acabar no primeiro lugar da clasificación e vencer na final dos play-offs polo título ao Le Mans. Grazas ao título o equipo volve a xogar a Euroliga para a temporada 2010–11, aínda que caen eliminados na primeira rolda con catro vitorias e seis derrotas. Destaca a súa vitoria por 82−78 ao Fenerbahçe Ülker, nesa altura invictos na competición. Na competición doméstica o equipo volve a ocupar o primeiro posto na liga, mais non consegue gañar ao título ao perder na final dos play-offs ante o SLUC Nancy. Despois de perder nas semifinais na temporada seguinte, o Cholet deixa de ocupar os primeiros postos da liga, converténdose nun equipo da zona da clasificación.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Supercopa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2006–07 | 1 | Pro A | 7º | Campión | |||
2007–08 | 1 | Pro A | 8º | Subcampión | Campión | 3 FIBA EuroCup | FG |
2008–09 | 1 | Pro A | 9º | Rolda de 32 | 3 EuroChallenge | 2º | |
2009–10 | 1 | Pro A | 1º | Rolda de 64 | Cuartos de final | 2 Eurocup | LR |
2010–11 | 1 | Pro A | 2º | Rolda de 32 | Cuartos de final | 1 Euroliga | LR |
2011–12 | 1 | Pro A | 4º | Semifinais | Cuartos de final | 1 Euroliga | QR1 |
2 Eurocup | LR | ||||||
2012–13 | 1 | Pro A | 10º | Rolda de 32 | 2 Eurocup | LR | |
2013–14 | 1 | Pro A | 13º | Rolda de 32 | 3 EuroChallenge | L16 | |
2014–15 | 1 | Pro A | 14º | Rolda de 32 | |||
2015–16 | 1 | Pro A | 13º | Rolda de 64 | |||
2016–17 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 32 | |||
2017–18 | 1 | Pro A | 15º | Rolda de 32 | |||
2018–19 | 1 | Pro A | 15º | Rolda de 32 | |||
2019–20 | 1 | Pro A | 6º | Rolda de 16 | Cuartos de final | ||
2020–21 | 1 | Pro A | 14º | Oitavos de final | 3 Champions League | LR | |
2021–22 | 1 | Pro A | 8º | Rolda de 16 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Valéry Demory
Bruno Coqueran
Stéphane Ostrowski
Patrick Cham
Antoine Rigaudeau
Jim Bilba
David Albert
David Gautier
Éric Micoud
Aymeric Jeanneau
Fabien Dubos
Cédric Ferchaud
Claude Marquis
Mickaël Gelabale
Cyril Akpomedah
Steed Tchicamboud
Nando de Colo
Rodrigue Beaubois
Fabien Causeur
Rudy Gobert
Jimmal Ball
Scooter Barry
Paul Fortier
DeRon Hayes
Mike Jones
Micheal Ray Richardson
James Blackwell
Graylin Warner
K'Zell Wesson
Terrell Lyday
Lamayn Wilson
Taj Gray
John Linehan
Antywane Robinson
Randal Falker
Tony Stanley
Chandler Parsons
Michael Wright
Samuel Mejia
John Amaechi
Tony Dorsey
Artūras Karnišovas
Arvydas Eitutavičius
/
Moon Tae-jong
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2010
- Subcampións (2): 1988, 2011
- Campións (2): 1998, 1999
- Subcampións (2): 2005, 2008
Supercopa de Francia
- Campións (1): 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Intorcia, Francesco Saverio (26 de abril de 2009). "Langford incorona la Virtus: è trionfo in Eurochallenge" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en francés)