Jason Terry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jason Terry
Jason Terry.jpg
Houston Rockets – No. 31
Escolta / Base
Información persoal
Nacemento 15 de setembro de 1977 (37 anos)
Flag of Washington.svg Seattle, Washington
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 82 kg (181 lb)
Información da carreira
Instituto Franklin, Seattle
Universidade Arizona (1995–1999)
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 10

Por Atlanta Hawks

Carreira dende 1999
Historial de equipos
Atlanta Hawks (1994–2004)
Dallas Mavericks (2004–2012)
Boston Celtics (2012–2013)
Brooklyn Nets (2013–2014)
Houston Rockets (2014–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2011)
Mellor Sexto Home (2009)
2º Equipo de Rookies NBA (2000)
Información en nba.com

Jason Eugene Terry, nado o 15 de setembro de 1977 en Seattle, Washington, é un xogador profesional de baloncesto que xoga para os Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Mide 1'91 metros e xoga na posición de base ou de escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi á universidade de Arizona. O en Draft da NBA de 1999 foi elixido na décima posición da primeira rolda polos Atlanta Hawks, onde xogou até a tempada 2003-04. Foi elixido no segundo mellor quinteto de rookies na súa tempada de debut entre os profesionais, tras facer 8,1 puntos e 4,3 rebotes. Foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde xogou ata o ano 2012.

Nos Mavericks levou o número 31, xogaba de escolta aínda que, até a chegada de Jason Kidd ao equipo, el era o base titular e lle substituía cando Kidd descansaba. Na tempada 2008-09 fixo unhas medias de 19,6 puntos (a segunda máis alta da súa carreira), 3,4 asistencias e 1,3 roubos por partido.

O 18 de xullo de 2012, Terry asinou un contrato de tres anos cos Boston Celtics, cun valor de 15 millóns de dólares.[1]

O 12 de xullo de 2013, os Celtics trasparon a Terry, D. J. White, Paul Pierce e Kevin Garnett ós Brooklyn Nets a cambio de eleccións da primeira rolda dos Drafts de 2014, 2016 e 2018, Kris Humphries, Gerald Wallace, Kris Joseph, MarShon Brooks e Keith Bogans.[2]

O 19 de febreiro de 2014, Terry foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Reggie Evans, a cambio de Marcus Thornton.[3] Debido a unha lesión nun xeonllo, non disputou ningún partido cos Kings.

O 17 de setembro de 2014, Terry foi traspasado ós Houston Rockets xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Alonzo Gee e Scotty Hopson.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Celtics Sign Jason Terry». NBA.com. 18 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  2. «Nets Acquire NBA Champions Kevin Garnett, Paul Pierce and Jason Terry». NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  3. «KINGS ACQUIRE JASON TERRY AND REGGIE EVANS». NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  4. «Rockets Acquire Jason Terry and 2nd Round Picks». NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 17 de setembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]