Terrence Williams
Terrence Williams | |
---|---|
Posición | Escolta / Ala |
Dorsal | 8, 1, 55 |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Nacemento | 28 de xuño de 1987 (35 anos) |
Carreira | |
Instituto | Rainier Beach (Seattle, WA) |
Universidade | Louisville (2005–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 11 Por New Jersey Nets |
Tempadas | 2009–2016 |
Equipo(s) | |
New Jersey Nets (2009−2010) → Springfield Armor (2010) Houston Rockets (2010−2012) Sacramento Kings (2012) Guangdong Southern Tigers (2012−2013) Boston Celtics (2013) Türk Telekom (2013) Los Angeles D-Fenders (2014) Brujos de Guayama (2014) Meralco Bolts (2014) Soles de Santo Domingo (2014) Reales de La Vega (2014) Fuerza Regia (2014) Vaqueros de Bayamón (2015) Guaiqueríes de Margarita (2015) | |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 1 085 (7,1 pp) |
Rebotes | 545 (3,6 pp) |
Asistencias | 364 (2,4 pp) |
Premios | |
|
Terrence Williams, nado o 28 de xuño de 1987 en Seattle, Washington, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,98 metros de altura, xogaba nas posicións de escolta e ala.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou durante 3 tempadas cos Cardinals da Universidade de Louisville, nas que acadou 11,1 puntos, 6,9 rebotes e 3,9 asistencias por partido.[1] Na súa tempada junior conseguiu dúas das catro únicas triplas-dobres da historia dos Cardinals, ante Hartford o 17 de novembro de 2007, conseguindo 14 puntos, 12 rebotes e 13 asistencias no partido que inauguraba a tempada,[2] e dous meses despois ante Seton Hall, conseguindo 10 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias.[3]
Na súa última tempada foi elixido no mellor quinteto da Big East Conference,[4] sendo incluído ademais no terceiro equipo All-American.[5] É o único xogador da súa universidade en conseguir ao longo da súa traxectoria 1.500 puntos, 900 rebotes, 500 asistencias e 200 roubos de balón.
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Tempada | Equipo | P | PTS | REB | AST | ROUB | TAP | %TC | %3P | %TL | MIN | PER |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005–06 | Louisville Cardinals | 33 | 8.4 | 4.7 | 2.1 | 1.0 | 0.3 | .391 | .310 | .612 | 25.1 | 1.7 |
2006–07 | Louisville Cardinals | 34 | 12.4 | 7.0 | 3.8 | 1.3 | 0.7 | .367 | .261 | .604 | 33.0 | 1.3 |
2007–08 | Louisville Cardinals | 36 | 11.1 | 7.2 | 4.5 | 1.5 | 0.7 | .411 | .340 | .571 | 35.9 | 2.9 |
2008–09 | Louisville Cardinals | 37 | 12.5 | 8.6 | 5.0 | 2.3 | 0.8 | .431 | .385 | .581 | 34.2 | 2.3 |
Totais | 140 | 11.1 | 6.9 | 3.9 | 0.6 | 1.4 | .401 | .326 | .581 | 32.0 | 2.3 |
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New Jersey Nets,[6] equipo co cal asinou un contrato en xullo de 2009.[7]
O 15 de decembro de 2010, Williams foi traspasado aos Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos incluíndo os Nets e os Los Angeles Lakers.[8] O 16 de marzo de 2012, Williams foi cortado polos Rockets.[9]
Tras ser cortado polos Rockets, Williams asinou un contrato de 10 días cos Sacramento Kings o 21 de marzo de 2012.[10] O 31 de marzo de 2012, asinou para o resto da tempada.[11][12]
En novembro de 2012, fichou polos Guangdong Southern Tigers da China,[13] os cales deixou en febreiro de 2013.
O 20 de febreiro de 2013, Williams asinou un contrato de 10 días cos Boston Celtics.[14] O 3 de marzo de 2013, asinou cos Celtics un contrato multianual.[15] O 30 de xuño de 2013, asinou o devandito contrato.[16]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha de Hill en TDR
- ↑ Terrence Williams gets triple-double as No. 6 Louisville routs Hartford 104-69
- ↑ Louisville Cardinals vs. Seton Hall Pirates - Box Score - January 19, 2008
- ↑ "DRAFT 2009 Prospects - Terrence Williams". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2009.
- ↑ "NCAA AP All-America Teams". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2009.
- ↑ "2009 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2009.
- ↑ HoopsHype - NBA General Managers - Rod Thorn
- ↑ "Rockets Acquire Terrence Williams from Nets". NBA.com. 2010-12-15. Consultado o 2010-12-15.
- ↑ Feigen, Jonathan. "Rockets waive Terrence Williams; Derek Fisher may not play a game as a Rocket". Ultimate Rockets. Consultado o 16 de marzo de 2012.
- ↑ "Kings Sign Terrence Williams to 10-Day Contract". NBA.com. 2012-03-21. Consultado o 2012-03-21.
- ↑ "Kings Sign Terrence Williams For Remainder of Season". NBA.com. 2012-03-31. Consultado o 2012-04-01.
- ↑ Kings sign G/F Terrence Williams for rest of the season
- ↑ "Terrence Williams Joins the CBA’s Guangdong Southern Tigers". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2012. Consultado o 04 de xullo de 2013.
- ↑ "Celtics Sign Terrence Williams". NBA.com. 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Celtics Sign Williams to Multi-Year Contract". NBA.com. 3 de marzo de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
- ↑ Celtics Waive Terrence Williams
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en nba.com
- Estatísticas de Terrence Williams Arquivado 15 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- Ficha de Williams en Basketpedya.com Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Estatísticas de Williams na NCAA
- Nados en 1987
- Nados en Seattle, Washington
- Escoltas de baloncesto
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores do Türk Telekom BK
- Xogadores dos Brujos de Guayama
- Xogadores dos Vaqueros de Bayamón
- Xogadores dos Guaiqueríes de Margarita