Jodie Meeks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jodie Meeks
Jodie Meeks Lakers 2013.jpg
Toronto Raptors – No. 20
Escolta
Información persoal
Nacemento 21 de agosto de 1987 (31 anos)
Flag of Tennessee.svg Nashville, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Norcross (Georgia)
Universidade Kentucky (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 41

Por Milwaukee Bucks

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2009–2010)
Philadelphia 76ers (2010–2012)
Los Angeles Lakers (2012–2014)
Detroit Pistons (2014–2016)
Orlando Magic (2016–2017)
Washington Wizards (2017–2018)
Toronto Raptors (2019–presente)
Información en nba.com

Orestes Jodie Meeks II, nado o 21 de agosto de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 7 de abril de 2009, Meeks declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009, e a súa intención de non contratar a un axente, deixando aberta a posibilidade de volver á universidade de Kentucky a seguinte tempada.[1] O 25 de xuño de 2009, Meeks foi elixido na 41ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks.

O 18 de febreiro de 2010, Meeks foi traspasados aos Philadelphia 76ers xunto con Francisco Elson a cambio de Primoz Brezec e Royal Ivey.[2]

O 26 de novembro de 2010, Meeks anotou 21 puntos, a máxima anotación da súa carreira ata ese intre na derrota por 99-90 contra os Miami Heat. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 3 de decembro de 2010, acadando 9 puntos, 1 rebote e un roubo de balón en 19 minutos de xogo. No seu segundo partido coma titular, mellorou a súa mellor marca de anotación, ao facer 26 puntos (20 deles no primeiro cuarto), con 9 de 16 tiros de campo, incluíndo 7 de 10 triplas.

O 13 de agosto de 2012, Meeks asinou un contrato de dous anos cos Los Angeles Lakers, cun valor de 3 millóns de dólares.[3] O 9 de marzo de 2014, anotou 42 puntos, a máxima anotación coma profesional, na vitoria dos Lakers por 114-110 contra os Oklahoma City Thunder.[4]

O 14 de xullo de 2014, Meeks asinou cos Detroit Pistons un contrato de 3 anos e 19.5 millóns de dólares.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dawson, Brett (2009-04-07). "Jodie Meeks will declare for NBA draft". The Courier-Journal. Consultado o 2009-04-07. [Ligazón morta]
  2. "Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee". NBA.com. 2010-02-18. Consultado o 2010-02-18. 
  3. "Big Lakers news! They signed Jodie Meeks! What did you guys think we were talking about?". ProBasketballTalk. 12 de agosto de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  4. Notebook: Lakers 114, Thunder 110
  5. "Detroit Pistons Sign Free Agent Guard Jodie Meeks". NBA.com. 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2014. 
  6. Harper, Zach (1 de xullo de 2014). "Report: Pistons, Jodie Meeks agree to three-year, $19M contract". CBSSports.com. Consultado o 14 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]