Tyson Chandler
![]() | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de outubro de 1982 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Dominguez (Compton, California) |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Los Angeles Clippers |
Carreira | 2001–2020 |
Historial de equipos | |
Chicago Bulls (2001–2006) New Orleans Hornets (2006–2009) Charlotte Bobcats (2009–2010) Dallas Mavericks (2010–2011) New York Knicks (2011–2014) Dallas Mavericks (2014–2015) Phoenix Suns (2015–2018) Los Angeles Lakers (2018–2019) Houston Rockets (2019–2020) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2011) 1× NBA All-Star (2013) 1× 3º Equipo All-NBA (2012) 1× Mellor defensor da NBA (2012) 1× Ouro olímpico (2012) 1× Campión do Mundo (2010) |
Tyson Cleotis Chandler, nado o 2 de outubro de 1982 en Hanford (California), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto[editar | editar a fonte]
Chandler foi ao Instituto Dominguez High School dos Ánxeles, onde foi elixido no equipo McDonald's All America, que selecciona os mellores xogadores de instituto do país. Antes de dar o paso directamente á NBA, sen pasar pola universidade, gañou o título estatal de California co seu equipo.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 2001 por Los Angeles Clippers, club que inmediatamente traspasou os seus dereitos aos Chicago Bulls a cambio do Rookie do Ano Elton Brand. A súa traxectoria en Chicago non foi todo o brillante que se esperaba. Problemas de lesións nas costas, unido a un problema de faltas persoais en xogo, fixeron que non se convertese nun xogador determinante. Destacou sobre todo en defensa co seu poder de intimidación e a súa achega no rebote, feito este último que se viu con máis claridade na tempada 2006−07, cando foi traspasado a New Orleans Hornets a cambio de J.R. Smith e P.J. Brown, converténdose no máximo reboteador ofensivo da liga, con 320 capturas (4,4 por partido).
O 27 de xullo de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Emeka Okafor.[1] Tras unha tempada discreta no equipo de Carolina do Norte, o 13 de xullo de 2010, é traspasado aos Dallas Mavericks xunto con Alexis Ajinça a cambio de Matt Carroll, Erick Dampier e Eduardo Nájera. No equipo texano gaña o campionato da NBA, aínda que a seguinte temporada muda de equipo ao asinar cos New York Knicks. Alí foi elixido Xogador Defensivo do Ano, sendo o primeiro xogador do equipo neoiorquino que logra esta distinción. Tras tres temporadas cos Knicks, o 25 de xuño de 2014 volve, xunto ao base Raymond Felton, aos Mavericks, que a cambio ofreceron a Shane Larkin, Wayne Ellington, José Calderón, Samuel Dalembert e dúas seleccións de segunda rolda no Draft da NBA de 2014.[2] O movemento reuniu a Chandler co seu compañeiro de equipo Dirk Nowitzki e co adestrador Rick Carlisle, os cales xunto a Chandler formaron parte do campionato dos Dallas Mavericks na tempada 2010-11 da NBA. Tras acabar o ano en Dallas, en xullo de 2015 firma como axente libre por Phoenix Suns por un total de catro tempadas e máis de 50 millóns de dólares.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Stein, Marc (28 de xullo de 2009). "Sources: Hornets, Cats agree on deal". ESPN Sports (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ NAva, Carlos (25 de xuño de 2014). "Mavs recuperan a Tyson Chandler". ESPN Deportes (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en inglés)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 29 de xuño de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1982
- Nados no condado de Kings, Estados Unidos
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Houston Rockets
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012