Austin Daye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Austin Daye
Austin Daye.jpg
Erie BayHawks – No. 5
Ala
Información persoal
Nacemento 5 de xuño de 1988 (27 anos)
Flag of California.svg Irvine, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Woodbridge
Universidade Gonzaga (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 15

Escollido por Detroit Pistons

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Detroit Pistons (2009-2013)
Khimki BC (2011)
Memphis Grizzlies (2013)
Toronto Raptors (2013-2014)
San Antonio Spurs (2014-2015)
Austin Toros (2014)
Erie BayHawks (2015-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2014)

Austin Darren Daye, nado o 5 de xuño de 1988 en Irvine, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Erie BayHawks da NBA Development League. Antes, xogou instituto Woodbridge, en Irvine, onde acadou 30.9 puntos, 12.4 rebotes e 5.4 tapóns por partido. Despois, xogou para a Universidade de Gonzaga.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons. Durante o lockout da NBA de 2011, xogou para o Khimki BC ruso.[1]

O 30 de xaneiro de 2013, Daye e Tayshaun Prince foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de José Calderón nun traspaso entre tres equipos que mandou a Rudy Gay ós Toronto Raptors.[2]

O 1 de agosto de 2013, Daye asinou cos Toronto Raptors.[3]

O 20 de febreiro de 2014, Daye foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Nando de Colo.[4] Os Spurs conseguiron o campionato da NBA en 2014 tras vencer ós Miami Heat nas Finais da NBA por 4-1; a aportación de Daye nos playoffs foi de un rebote en seis minutos de xogo. O 17 de febreiro de 2015, foi cortado polos Spurs.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]