James Harden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Harden
James Harden Rockets cropped.jpg
Houston Rockets – No. 13
Escolta
Información persoal
Nacemento 26 de agosto de 1989 (24 anos)
Flag of California.svg Os Ánxeles, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 4 in)
Peso 99 kg (210 lb)
Instituto Artesia, California
Información da carreira
Universidade Arizona State (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 3

Escollido por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2009-2012)
Houston Rockets (2012-presente)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies da NBA (2010)
Mellor Sexto Home (2012)
NBA All-Star (2013)
Información en nba.com

James Harden, nado nos Ánxeles (California) o 26 de agosto de 1989, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que pertence ao equipo dos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de altura xoga na posición de escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou dúas tempadas cos Sun Devils da Universidade Estatal de Arizona, onde acadou 19 puntos e 5,5 rebotes por partido.[1] Na súa segunda tempada foi un dos 50 finalistas no prestixioso Premio John R. Wooden.[2] Conseguiu a súa mellor marca anotadora o 30 de novembro de 2008, ao conseguir 40 puntos ante UTEP.[3] Foi elixido mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference tras derrotar a USC no Staples Center, e posteriormente xogador do ano da conferencia, ademais de entrar no primeiro equipo All-American.[4] Tras dous anos na universidade, declarouse elixible para o draft de 2009.[5]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP  %TC  %3P  %TL MIN PER
2007-08 Arizona State Sun Devils 34 17.8 5.3 3.2 2.1 0.6 .527 .407 .754 34.1 2.6
2008-09 Arizona State Sun Devils 35 20.1 5.6 4.2 1.7 0.3 .489 .356 .756 35.8 3.4
Total: 69 19.0 5.4 3.7 1.9 0.4 .506 .376 .755 35.0 3.0

Profesional[editar | editar a fonte]

Oklahoma City Thunder (2009-2012)[editar | editar a fonte]

Harden foi elixido na terceira posición do Draft da NBA do 2009 polos Oklahoma City Thunder.[6] Esto fixo que se convertira no primeiro xogador drafteado polos Oklahoma City Thunder dende que a franquía tivo ese nome.

Na súa primeira tempada na NBA, Harden xogou máis de 22 minutos por partido, facendo 9.9 puntos por encontro. Foi elixido no segundo equipo de rookies ao remate da tempada. No seu segundo ano, xogou nos 82 partidos da tempada regular, con 12.2 puntos de media. Nos playoffs acadou 13.0 puntos por partido, cunha porcentaxe de 47% de tiros de campo.

O 18 de abril de 2012, anotou 40 puntos na vitoria por 109-97 contra os Phoenix Suns, a máxima anotación da súa carreira. A tempada 2011-12 foi a súa mellor tempada dende que chegou á NBA, con 16.8 puntos en 31.4 minutos por partido, aínda que tan só xogou 2 partidos de 62 coma titular. Ao remate da tempada, foi elixido coma Mellor Sexto Home da NBA, convertíndose no segundo xogador máis novo en conseguilo. Liderou aos suplentes da NBA con 16.8 puntos por partido.[7]

Houston Rockets (2012-presente)[editar | editar a fonte]

O 27 de outubro de 2012, Harden foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e Lazar Hayward a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[8] Este traspaso produciuse despois de que Harden rexeitara unha oferta de renovación por catro anos e 52 millóns de dólares cos Thunder, quenes traspasaron ó escolta inmediatamente despois da súa negativa.

O 31 de outubro de 2012, asinou un contrato por 5 anos e 80 millóns de dólares cos Rockets.[9] O mesmo día produciuse o seu debut contra os Detroit Pistons. Os Rockets gañaron por 105-96 en Detroit, e Harden conseguiu 37 puntos, 12 asistencias, 6 rebotes e 4 roubos de balón.[10] Desta forma, Harden igualou a terceira mellor marca de anotación dun xogador que debuta co seu novo equipo, tan só superado por Kiki Vandeweghe, que anotou 47 puntos cos Portland Trail Blazers, e Wilt Chamberlain, con 43 puntos para os Philadelphia Warriors no seu debut na NBA.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]