Lester Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lester Hudson
Lester Hudson Lakers Summer League.jpg
Liaoning Flying Leopards  – No. 14
Escolta
Información persoal
Nacemento 7 de agosto de 1984 (34 anos)
Flag of the United States.svg Memphis, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Central (Memphis, Tennessee)
Universidade SW Tennessee CC (2005–2007)
Tennessee–Martin (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por Boston Celtics
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
Boston Celtics (2009–2010)
Maine Red Claws (2009)
Memphis Grizzlies (2010)
Dakota Wizards (2010)
Washington Wizards (2010–2011)
Guangdong Southern Tigers (2011)
Qingdao DoubleStar (2011–2012)
Austin Toros (2012)
Cleveland Cavaliers (2012)
Memphis Grizzlies (2012)
Dongguan Leopards (2012–2013)
Austin Toros (2013)
Xinjiang Flying Tigers (2013–2014)
Liaoning Flying Leopards (2014–2015)
Los Angeles Clippers (2015)
Liaoning Flying Leopards (2015−presente)

Lester Hudson, nado o 7 de agosto de 1984 en Memphis, Tennessee, é un xogador profesional americano de baloncesto que actualmente xoga nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

Hudson foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Boston Celtics. Durante os primeiros meses da tempada 2009-10, Hudson pasou o tempo entre os Celtics e o seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws. Foi cortado polos Celtics o 6 de xaneiro de 2010. Dous días máis tarde, foi contratado polos Memphis Grizzlies.[1] Os Grizzlies asignaron a Hudson aos Dakota Wizards da D-League o 28 de febreiro de 2010.[2] Foi cortado o 1 de xullo de 2010. Durante a liga de verán de 2010, xogou para os Washington Wizards, foi invitado aos adestramentos dos Wizards para a tempada 2010-11, e conseguiu entrar no equipo para xogar esa tempada. Tras xogar seis partidos, foi cortado polos Wizards o 21 de novembro de 2010.[3] Foi fichado de novo o 20 de decembro de 2010,[4] pero foi cortado de novo o 5 de xaneiro de 2011.[5]

En xaneiro de 2011, asinou co Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association. En novembro de 2011, asinou co Qingdao DoubleStar, tamén da liga china. O 30 de marzo de 2012, Hudson asinou cos Cleveland Cavaliers o primeiro de dous contratos de dez días.[6] Adaptouse moi rapidamente ao equipo, anotando polo menos 23 puntos en tres partidos consecutivos a comezos de abril. O 20 de abril de 2012, tras rematar o segundo contrato de dez días cos Cavaliers, asinou cos Memphis Grizzlies un contrato para o resto da tempada 2011-12.[7] O 1 de outubro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grizzlies claim former Central High player Lester Hudson off waivers Arquivado 03 de abril de 2012 en Wayback Machine.. The Commercial Appeal. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
  2. Grizzlies opt Hudson to developmental league
  3. Wizards sign Alonzo Gee, waive Lester Hudson
  4. "Wizards Re-Sign Hudson; Waive Gee". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2010. Consultado o 31 de decembro de 2010. 
  5. "Wizards Waive Lester Hudson". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  6. Cavs Sign Lester Hudson to 10-Day Contract
  7. "Grizzlies sign Lester Hudson". NBA.com. 2012-04-20. Consultado o 2012-04-21. 
  8. Jazz Signs Lester Hudson

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]