Jon Brockman
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 20 de marzo de 1987 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (5 ft 7 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Snohomish (Snohomish, Washington) |
Universidade | Washington (2005–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 38 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | 2009–2016 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2009–2010) Milwaukee Bucks (2010–2012) Limoges CSP (2012–2013) Élan Chalon (2013–2014) Riesen Ludwigsburg (2014–2016) |
Jonathan Rodney Brockman, nado o 20 de marzo de 1987 en Snohomish, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fico medias de 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido.[1] No seu debut conseguiu un dobre-dobre ante Morgan State, con 17 puntos e 10 rebotes.[2] Esa tempada acabou con 215 rebotes, a segunda mellor marca dun novato na historia da universidade.[3]
Ao ano seguinte foi incluído por primeira vez no mellor quinteto da Pacific Ten Conference, tras liderar á conferencia en rebotes, con 9,6 por partido. Logrou 15 dobres-dobres ao longo da tempada,[3] destacando o conseguido ante Utah no segundo partido do ano, con 31 puntos e 18 rebotes.[4]
Tras ser o xogador que máis dobres-dobres fixo en toda a súa conferencia na súa terceira tempada, o último ano logrou de novo ser incluído no mellor quinteto da Pac-10, acabando a súa carreira de universitario como o único huskie da historia en lograr máis de 1800 puntos e máis de 1200 rebotes.[3]
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na trixésimo oitava posición do Draft da NBA de 2009 por Portland Trail Blazers,[5] sendo traspasado inmediatamente a Sacramento Kings xunto con Sergio Rodríguez a cambio dos dereitos do draft sobre a elección 31, Jeff Pendergraph,[6] e en setembro de 2009 asinou contrato cos Kings. O 21 de xullo de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks por Darnell Jackson e unha segunda rolda do draft de 2011.
O 27 de xuño de 2012, Brockman, Jon Leuer, Shaun Livingston e unha elección do Draft foron traspasados ós Houston Rockets a cambio de Samuel Dalembert e varias eleccións do Draft.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha de Brockman en TDR
- ↑ "Washington 118, Morgan State 51". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "DRAFT 2009 Prospects - Jon Brockman". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ Washington 83, Utah 77[Ligazón morta]
- ↑ 2009 NBA Draft
- ↑ Kings-Blazers Trade
- ↑ Rockets Receive 12th Overall Pick Via Trade With Bucks. NBA.com. 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Jon Brockman Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados en Cleveland, Ohio
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores do CSP Limoges
- Xogadores do Élan Chalon