Patrick Beverley
![]() | |
Minnesota Timberwolves – No. 22 | |
Base | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1988 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | John Marshall Metropolitan (Chicago, Illinois) |
Universidade | Arkansas (2006–2008) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 42 |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Dnipro Dnipropetrovsk (2008–2009) Olympiacos (2009–2010) Spartak St. Petersburg (2011–2012) Houston Rockets (2013–2017) → Rio Grande Valley Vipers (2013) Los Angeles Clippers (2017–2021) Minnesota Timberwolves (2021–presente) |
Patrick Beverley, nado o 12 de xullo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 25 de xuño de 2009, Beverley foi seleccionado na 42ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Los Angeles Lakers. O día seguinte, os seus dereitos do Draft foron traspasados ós Miami Heat a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.[1]
O 7 de xaneiro de 2013, Beverley asinou un contrato de varios anos cos Houston Rockets, e foi inmediatamente asignado ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[2] Fixo o seu debut na NBA o 15 de xaneiro de 2013, na derrota dos Rockets por 117-109 contra os Los Angeles Clippers.[3]
O 28 de xuño de 2017, Beverley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Sam Dekker, Montrezl Harrell, Darrun Hilliard, DeAndre Liggins, Lou Williams, Kyle Wiltjer e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, a cambio de Chris Paul.[4] O 12 de xullo de 2019, Beverley acordou cos Clippers un novo contrato por tres anos.[5]
O 16 de agosto de 2021, Beverley foi traspasado xunto a Daniel Oturu e Rajon Rondo ós Memphis Grizzlies a cambio de Eric Bledsoe.[6] Nove días máis tarde, os Grizzlies traspasaron a Beverley ós Minnesota Timberwolves a cambio de Jarrett Culver e Juancho Hernangómez.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "HEAT Acquire Draft Rights to Patrick Beverley". NBA.com. 26 de xuño de 2009. Consultado o 8 de maio de 2017.
- ↑ "Rockets Sign Beverley". NBA.com. 7 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Notebook: Clippers 117, Rockets 109". NBA.com. 15 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Press Release: L.A. Clippers Acquire Seven Players and Draft Pick, Including Beverley, Dekker, Harrell and Williams". NBA.com. 28 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "L.A. Clippers Re-Sign Guard Patrick Beverley". NBA.com. 12 de xullo de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ "Grizzlies acquire Patrick Beverley, Rajon Rondo and Daniel Oturu from Clippers". NBA.com. 16 de agosto de 2021.
- ↑ "Minnesota Timberwolves acquire Patrick Beverley". NBA.com. 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1988
- Nados en Chicago, Illinois
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Xogadores do Olympiacos BC
- Xogadores do BC Spartak San Petersburgo
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Los Angeles Clippers