Chase Budinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chase Budinger
Chase Budinger vsStanford.jpg
Baskonia
Ala
Información persoal
Nacemento 22 de maio de 1988 (28 anos)
Flag of California.svg Encinitas, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Información da carreira
Instituto La Costa Canyon (Carlsbad, California)
Universidade Arizona (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 44

Por Detroit Pistons

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Houston Rockets (2009–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2015)
Indiana Pacers (2015–2016)
Phoenix Suns (2016)
Saski Baskonia (2016–presente)

Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Saski Baskonia da Liga ACB.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.

O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.

O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]