Shawn Marion
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Shawn Dwayne Marion 7 de maio de 1978 (46 anos) Waukegan, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Clarksville High School (en) University of Nevada, Las Vegas (pt) Vincennes University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, participante dun reality show | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1999 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Phoenix Suns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Campionato mundial de baloncesto de 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | matrix31.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Shawn Dwayne Marion, nado o 7 de maio de 1978 en Waukegan, Illinois, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA) principalmente nos Phoenix Suns e nos Dallas Mavericks, franquía coa que gañou o seu único anel de campión en 2011. Tamén xogou nos aínda que tamén xogou en Miami Heat, Toronto Raptors e Cleveland Cavaliers. Cunha altura de 2,01 metros xogaba tanto de ala como de ala-pivote.
Carreira
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Procedente do Instituto Clarksville en Clarksville, Tennessee, Marion asistiu á Universidade de Vincennes, onde gañou o "Allen J. Bradford NJCAA Region 12 MVP" en dúas ocasións antes de chegar á UNLV. No seu ano júnior cos Rebels, liderou ao equipo en anotación, facendo 18.7 puntos por partido, e en rebotes, con 9.3. En 29 partidos, taponou 54 tiros e roubou 73 balóns. O 22 de febreiro de 1999, nun partido televisado a nivel nacional ante Texas Christian, Marion conseguiu 34 puntos, 21 rebotes e 6 roubos na derrota do seu equipo por 76-72.
En Vincennes, Marion disputou as súas dúas primeiras tempadas, facendo na primeira 23,5 puntos, 13,1 rebotes, 2,9 tapóns e 2,0 roubos por partido. Foi nomeado MVP do National Junior College All-Star Game ao anotar 21 puntos, 16 rebotes e 9 asistencias. Na súa primeira tempada universitaria, os seus números foron: 23.3 puntos e 12.8 rebotes por encontro, sendo posteriormente retirada a súa camiseta. Tras só unha campaña na División I da NCAA, Marion deu o salto á NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado polos Phoenix Suns na novena posición do Draft de 1999. Na súa primeira tempada na NBA, rematou quinto en anotación dos Suns con 10.2 puntos por partido, terceiro en rebotes con 6.5 e segundo en tapóns con 1.04 en 51 partidos, xogando 38 deles coma titular. Ademais, logrou sete dobres-duplas e 8 partidos con 10 rebotes ou máis. Ao rematar a tempada regular, foi nomeado nos segundo mellor quinteto de rookies.
Na súa segunda campaña, chegou a explosión de Marion, consagrándose coma un dos aleiros máis prometedores da liga ao facer 10,7 rebotes, primeiro xogador na franquía dende Charles Barkley en superar a barreira da decena de rebotes nunha tempada. Ademais, complementounos con 17.3 puntos e 1.67 roubos de balón. O 26 de febreiro foi por primeira vez o mellor xogador da semana na NBA, tras liderar aos Suns a catro partidos consecutivos con vitoria nos que promediou 21.8 puntos, 13.5 rebotes e un 57.6% en tiros de campo.
En 2003 foi elixido por primeira vez no All-Star, xogando coma reserva do equipo da Conferencia Oeste. En dita tempada foise ata os 21.2 puntos e 9.5 rebotes en 81 partidos. Repetiría presenza en 2005 e 2006.
A chegada de Steve Nash favoreceu a Marion, realizando os Suns dende a súa fichaxe un xogo ofensivo e ao contraataque. A súa mellor tempada foi a de 2005-06, segunda de Nash na franquía, na que fixo 21,8 puntos e 11,8 rebotes, baixando timidamente as súas prestacións na última campaña, inda que servíndolle igualmente o seu concurso no NBA All-Star Game.
En 2004, Marion participou nos Xogos Olímpicos de Atenas logrando a medalla de bronce coa súa selección. Tamén formou parte do fracaso da USA Basketball no Mundial de Indianápolis de 2002, onde o equipo non conseguiu ningunha medalla. Marion disputou un total de 22 partidos coa selección norteamericana. Tras oito tempadas e media nos Suns, na campaña 2007-2008 Marion foi traspasado a Miami Heat xunto con Marcus Banks a cambio dun Shaquille O'Neal moi lastrado polas lesións. O 13 de febreiro de 2009 foi traspasado a Toronto Raptors xunto con Marcus Banks por Jermaine O'Neal e Jamario Moon. Máis tarde, o 9 de xullo de 2009 pasa a formar parte dos Dallas Mavericks.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]- Phoenix Suns: 1999 - 2008.
- Miami Heat: 2008 - 2009.
- Toronto Raptors: 2009.
- Dallas Mavericks: 2009 - 2014.
- Cleveland Cavaliers: dende 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Shawn Marion Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados no condado de Lake, Illinois
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto