Anadolu Efes S.K.
Anadolu Efes | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSL / Euroliga |
Fundación | 1976 |
Historia | Efes Pilsen (1976-2011) |
Cores | Azul, branco, vermello |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Anadolu Efes |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Sinan Erdem Spor Salonu |
Capacidade | 16.000 |
Inauguración | 23 de abril de 2010 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (2021) |
C. Korać | 1 (1996) |
Liga | 15 (1979, 1983−1984, 1992−1994, 1996−1997, 2002−2005, 2009, 2019, 2021) |
Copa | 11 (1994, 1996−1998, 2001−2002, 2006−2007, 2009, 2015, 2018) |
Supercopa | 12 (1986, 1992−1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2015, 2018, 2019) |
efesbasket.org |
O Anadolu Efes Spor Kulübü (antes coñecido como Efes Pilsen) é un equipo de baloncesto da cidade de Istambul (Turquía) que por palmarés é considerado como un dos equipos máis importantes na historia do baloncesto turco, xa que gañou o título de liga en 15 ocasións. A nivel europeo, destaca o seu título da Euroliga no ano 2021. O pavillón no que xoga os seus partidos como local é o Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16.000 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
O club foi fundado no ano 1976 co nome de "Efes Pilsen Spor Kulübü" tras a compra dos dereitos do Kadıköyspor, equipo da Segunda División turca que contaba con numeroros problemas económicos.[1] Encabezados por Tuncay Özilhan, o corpo técnico do equipo estaría formado por Pano Natof na dirección xeral, Berna Sirmen na presidencia, Talat Öztoprak na administración e Faruk Akagün como adestrador. O seu primeiro patrocinador foi a cervexa Efes Pilsen, unha subsidiaría do Grupo Anadolu. En 1978, dous anos despois da súa fundación, o club gaña o título de campión da Segunda División turca, finalizando o campionato sen coñecer a derrota e ascendendo á máxima categoría do baloncesto turco, onde permanece desde aquela.
Na súa primeira tempada na elite (1978–79), o Efes Pilsen gaña o seu primeiro título de liga, situándose dende aquela como un dos equipos punteiros do baloncesto turco. Despois de finalizar como subcampións da Copa Saporta de 1993, o club gaña o seu primeiro título europeo en 1996, ano no que conseguen a Copa Korać tras vencer na final ao Stefanel Milano italiano. Este título supuxo o primeiro título continental para un club turco en calquera deporte. Posterioemte, o Efes Pilsen converteríase nun dos equipos fixos da Euroliga, sendo as súas mellores clasificación as acadadas en 2000 e 2001 ao acabar en terceiro lugar. En ambas ocasións perderían nas semifinais da Final Four ante o Panathinaikos grego, gañando posteriormente no partido polo terceiro lugar ao FC Barcelona (2000) e ao CSKA Moscova (2001).
Na ano 2006, o club converteuse no primeiro equipo turco convidado a xogar contra un equipo da NBA.[2] Os partidos foron contra os Denver Nuggets en Denver (Colorado) o 10 de outubro e contra os Golden State Warriors en Oakland (California) o 12 de outubro. Ambos encontros saldáronse con vitoria para os equipos estadounidenses. Ao ano seguinte sería un equipo da NBA o que visitaría a casa do Efes Pilsen. No encontro, disputado no Abdi İpekçi Arena, os Minnesota Timberwolves vencerían ao equipo local por 84–81. En 2011 o club vese obrigado a mudar ao seu nome a "Anadolu Efes Spor Kulübü" por mor da TAPDK, unha lei que prohibe o uso de publicidade de tabaco e alcol en equipos deportivos. Hose, o Anadolu Efes destaca pol oseu programa de canteira, do cal saíron coñecidos baloncestistas turcos como Hedo Türkoğlu, Mirsad Türkcan ou Cenk Akyol.
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
Anadolu Efes 2019–2020 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Títulos[editar | editar a fonte]
Campeticións europeas[editar | editar a fonte]
- Campións (1): 2021
- Subcampións (1): 2019
- Terceiro lugar (2): 2000, 2001
- Subcampións (1): 1993
- Campións (1): 1996
Competicións domésticas[editar | editar a fonte]
- Campións (15): 1979, 1983, 1984, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2009, 2019, 2021 (récord)
- Subcampións (11): 1986, 1998, 1999, 2000, 2001, 2006, 2007, 2010, 2012, 2015, 2016
Copa de Turquía
- Campións (11): 1994, 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2006, 2007, 2009, 2015, 2018 (récord)
- Subcampións (3): 2004, 2014, 2017
Supercopa de Turquía
- Campións (12): 1986, 1992, 1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2018, 2019 (récord)
- Subcampións (11): 1994, 1997, 1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2012, 2016
Partidos fronte equipos da NBA[editar | editar a fonte]
10 de outubro de 2006 | Denver Nuggets ![]() |
118–102 | ![]() |
![]() |
12 de outubro de 2006 | Golden State Warriors ![]() |
120–66 | ![]() |
![]() |
6 de outubro de 2007 | Minnesota Timberwolves ![]() |
84–81 | ![]() |
![]() |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tarihçe". efesbasket.org (en turco). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015.
- ↑ "Turkish power Efes Pilsen no match for Warriors". ESPN (en inglés). 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Site oficial Arquivado 07 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- Perfil do equipo na Euroliga