Byron Mullens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Byron Mullens
Byron Mullens Clippers.jpg
Lakeland Magic – No. 9
Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 14 de febreiro de 1989 (30 anos)
Flag of Ohio.svg Canal Winchester, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Instituto Canal Winchester
(Canal Winchester, Ohio)
Universidade Ohio State (2008–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 24

Por Dallas Mavericks

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2009–2011)
Tulsa 66ers (NBA D-League) (2009–2011)
Panionios BC (2011)
Charlotte Bobcats (2011–2013)
Los Angeles Clippers (2013–2014)
Philadelphia 76ers (2014)
Shaanxi Wolves (2014)
Shanxi Zhongyu (2014)
Sioux Falls Skyforce (2015–2016)
Torku Konyaspor (2016)
Al Wasl Dubai (2016–2017)
Sanat Naft Abadan (2017–2018)
Lakeland Magic (2018–presente)

Byron James "B. J." Mullens, nado o 14 de febreiro de 1989 en Canal Winchester, Ohio, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que xoga actualmente nos Lakeland Magic da NBA G League.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Mullens foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Dallas Mavericks. Os seus dereitos foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio da 25ª elección, Rodrigue Beaubois e unha futura elección de segunda rolda do Draft.

Durante o lockout da NBA de 2011, Mullens asinou co Panionios BC da liga grega.[1] Porén, deixou o equipo tras un mes en Grecia, dicindo que quería unirse aos seus compañeiros dos Thunder nos seus adestramentos voluntarios.[2]

O 19 de decembro de 2011, Mullens foi traspasado aos Charlotte Bobcats a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2013.[3]

O 22 de xullo de 2013, asinou cos Los Angeles Clippers.[4]

O 20 de febreiro de 2014, Mullens foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]