José Juan Barea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Juan Barea
J.J. Barea Mavs.jpg
Movistar Estudiantes
Base
Información persoal
Nacemento 26 de xuño de 1984 (37 anos)
Mayaguez-flag.svg Mayagüez
Nacionalidade Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico
Altura 1,78 m (5 ft 10 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
Instituto Miami Christian School
(Miami, Florida)
Universidade Northeastern (2002–2006)
Pre-draft club Cangrejeros de Santurce (Porto Rico)
NBA Draft 2006 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2001
Historial de equipos
Indios de Mayagüez (2001–2003)
Cangrejeros de Santurce (2006)
Dallas Mavericks (2006–2011)
Fort Worth Flyers (2007)
Minnesota Timberwolves (2011–2014)
Dallas Mavericks (2014–2020)
Estudiantes (2021–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2011)

José Juan "J.J." Barea Mora, nado o 26 de xuño de 1984 en Mayagüez, é un xogador profesional de baloncesto portorriqueño que xoga no Movistar Estudiantes da Liga ACB. Mide 1,80 metros e xoga na posición de base.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas na Universidade Northeastern de Boston, onde foi elixido All-American en dúas ocasións.[1] En total tivo unha media de 20,3 puntos e 6,5 asistencias por partido.[2] Na súa última tempada fixo 21 puntos e 8,3 asistencias por partido, sendo o décimo oitavo mellor anotador da NCAA e o oitavo mellor pasador. Foi elixido Xogador do Ano da súa conferencia.

Profesional[editar | editar a fonte]

Porto Rico[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira profesional en Porto Rico en 2001, con tan só 17 anos, na liga "Baloncesto Superior Nacional" cos Indios de Mayagüez. Tras pasar pola universidade, regresou en 2006 para xogar nove partidos cos Cangrejeros de Santurce, cos que fixo 10,4 puntos, 2,7 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[3]

NBA[editar | editar a fonte]

Decidiu ser elixible para o Draft da NBA de 2006, mais non foi seleccionado. Participou en varias ligas de verán ata que en outubro asinou contrato con Dallas Mavericks. Alí disputou 33 partidos antes de ser enviado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League, cos que conseguiu anotar 40 puntos ou máis en dous partidos diferentes. Na tempada 2007-08 foi convocado de novo ante Sacramento Kings, onde conseguiu 25 puntos e 5 asistencias.[4]

Na tempada 2010-11 gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Mavericks, tendo un papel moi importante nas Finais da NBA, onde gañaron aos Miami Heat por 4-2.

O 12 de decembro de 2011, Barea chegou a un acordo por 4 anos cos Minnesota Timberwolves.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Barea among trio of Huskies to earn all-conference honors". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  2. "Estatísticas en Notrheastern". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2009. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  3. "Estatísticas de Barea na liga de Porto Rico". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  4. "Kings-Mavericks box score". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  5. "Wolves, Barea nearing deal". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]