Jrue Holiday
Milwaukee Bucks – No. 21 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 12 de xuño de 1990 (32 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Campbell Hall (Os Ánxeles, California) |
Universidade | UCLA |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 17 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2009–2013) New Orleans Pelicans (2013–2020) Milwaukee Bucks (2020–presente) | |
Premios e galardóns | |
NBA All-Star (2013) |
Jrue Randall Holiday, nado o 12 de xuño de 1990 no barrio de Chatsworth (Os Ánxeles), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). É irmán dos tamén xogadores de baloncesto profesional Justin Holiday e Aaron Holiday.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Holiday foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Philadelphia 76ers. Converteuse no base titular dos Sixers en marzo da tempada 2009-10. Cando Louis Williams regresou da súa lesión, Holiday perdeu o posto de titular durante uns partidos, pero cando os Sixers levaban unha xeira negativa, Holiday volveu ao posto de base titular, e o mantivo durante o resto da tempada. O 3 de abril de 2010, Holiday anotou 25 puntos contra os Toronto Raptors, a máxima anotación na súa carreira. O 5 de novembro dese mesmo ano, mellorou esa marca, anotando 29 puntos contra os Cleveland Cavaliers. O 2 de febreiro de 2011, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre, con 11 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias na vitoria contra os New Jersey Nets. O 24 de xaneiro de 2013, foi elixido para xogar o seu primeiro All-Star Game da NBA coma suplente. O 26 de xaneiro de 2013, superou a maior anotación da súa carreira ó anotar 35 puntos contra os New York Knicks.
O 12 de xullo de 2013, foi traspasado ós New Orleans Pelicans a cambio de Nerlens Noel e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.[1]
O 24 de novembro de 2020, Holiday foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre catro equipos.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pelicans acquire All Star point guard Jrue Holiday and 2nd round pick Pierre Jackson in exchange for two first round picks". NBA.com. 12 de xullo de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- ↑ "Milwaukee Bucks Acquire Jrue Holiday From The New Orleans Pelicans As Part Of Four-Team Deal". NBA.com. 24 de novembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados nos Ánxeles
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos New Orleans Pelicans
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020