Jonas Jerebko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jonas Jerebko
Jerebko with the Celtics on dec 2 2016.png
Golden State Warriors – No. 21
Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de marzo de 1987 (31 anos)
Flag of Sweden.svg Kinna
Nacionalidade Suecia Suecia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 105 kg (231 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 39

Por Detroit Pistons

Carreira dende 2005
Historial de equipos
Marbo Basket (2005–2006)
Plannja Basket (2006–2007)
Pallacanestro Biella (2007–2009)
Detroit Pistons (2009–2015)
Boston Celtics (2015–2017)
Utah Jazz (2017–2018)
Golden State Warriors (2018–presente)
Información en nba.com

Jonas Jerebko, nado o 2 de marzo de 1987 en Kinna, Suecia, é un xogador sueco de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Jerebko comezou a súa carreira xogando co Marbo Basket sueco na tempada 2005-06 e na 2006-07 foise ao campión sueco Plannja Basket, onde gañou o campionato. Despois foise á liga italiana para xogar co Angelico Biella en 2007.

NBA[editar | editar a fonte]

Declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, pero despois rectificou, xa que antes quería pasar un ano máis na liga italiana para gañar experiencia antes de xogar na NBA. O ex-adestrador universitario e actual analista da ESPN, Fran Fraschilla, considerou a Jerebko coma un dos cinco europeos mellor posicionados no Draft de 2009. Foi seleccionado na segunda rolda do Draft de 2009 polos Detroit Pistons, na 39ª posición. É o segundo xogador sueco en ser seleccionado para xogar na NBA, tras Miles Simon, americano nado en Suecia. En agosto, asinou un contrato de dous anos cos Pistons. A súa carreira na NBA tivo un comezo movido; nun partido de pretempada, Jerebko foi acusado de darlle unha puñada ao veterán xogador Jamaal Magloire na cara. Os dous xogadores foron suspendidos un partido da tempada regular pola pelexa.[1] Jerebko non se viu abaixo tras o incidente, e coa súa loita e determinación mellorou o seu xogo. Isto foi agradecido polos fans, e o departamento promocional dos Pistons comezou a regalar cascos viquingos e bandanas para os fans, para cada punto que anotara Jerebko.[2]

O 5 de outubro de 2010, Jerebko lesionouse no tendón de Aquiles nun partido de pretempada contra os Miami Heat.[3]

O 19 de febreiro de 2015, Jerebko foi traspasado xunto a Luigi Datome ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince.[4] O 9 de xullo de 2015, asinou de novo cos Celtics.[5]

O 17 de xullo de 2017, Jerebko asinou cos Utah Jazz.[6]

O 12 de xullo de 2018, Jerebko asinou cos Golden State Warriors.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Watson, Matt. "Detroit's Fighting Swede penalized." Detroit Bad Boys. http://www.detroitbadboys.com/archives/2009-10-08/detroits-fighting-swede-penalized/ Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Sitto, Natalie. "Jerebko Row." http://need4sheed.com/2009/12/jerebko-row.html
  3. Langlois, Keith. "Heat Check" http://www.nba.com/pistons/features/DETMIA_recap_101005.html
  4. "Detroit Pistons Acquire Tayshaun Prince From Boston". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  5. "Boston Celtics Resign Jonas Jerebko". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  6. "Jazz Sign Forward Jonas Jerebko". NBA.com. 17 de xullo de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2017. 
  7. "Warriors Sign Free Agent Forward Jonas Jerebko". NBA.com. 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]