Ty Lawson
![]() | |
Kolossos Rodou | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1987 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,80 m (5 ft 11 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Instituto | Bishop McNamara (Forestville, Maryland) Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virginia) |
Universidade | North Carolina (2006-2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 18 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Denver Nuggets (2009–2015) BC Žalgiris (2011) LKL Houston Rockets (2015–2016) Indiana Pacers (2016) Sacramento Kings (2016–2017) Shandong Golden Stars (2017–2018) Washington Wizards (2018) Fujian Sturgeons (2017–2018) Kolossos Rodou (2020–presente) |
Tywon "Ty" Ronell Lawson, nado o 3 de novembro de 1987 en Clinton, Maryland, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga no Kolossos Rodou B.C. da A1 Ethniki.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
NBA[editar | editar a fonte]
Lawson foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Porén, Minnesota elixira a outros dous bases no Draft, e quixeron desfacerse del. Isto deu aos Nuggets a oportunidade de conseguir a un xogador de calidade, e traspasaron a unha futura elección do Draft a Minnesota a cambio de Lawson.[1][2] Lawson tivo unha mellor oportunidade en Denver, xa que era o suplente de Chauncey Billups.
Tras o traspaso que mandou a Billups aos New York Knicks o 22 de febreiro de 2011, o mesmo que mandou a Carmelo Anthony aos Knicks, Lawson converteuse no base titular dos Nuggets. O 9 de abril de 2011, Lawson converteuse no primeiro xogador da historia da NBA en anotar os seus primeiros 10 intentos de tres puntos.
Europa[editar | editar a fonte]
O 15 de agosto de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Žalgiris. O acordo incluía unha cláusula que lle permitía volver aos Denver Nuggets unha vez rematara o lockout de 2011.[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Stapleton, Arnie. Wolves trade Lawson to Denver, USA Today, 25 de xuño de 2009.
- ↑ Taylor, Nate. Last first-round pick delivers guard only sweep Arquivado 05 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Minneapolis Star-Tribune, 26 de xuño de 2009.
- ↑ "ZALGIRIS inks playmaker Ty Lawson". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2012.
- ↑ "Ty Lawson taking his game to Lithuania". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. 16 de agosto de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados en Maryland
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores do BC Žalgiris Kaunas
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Shandong Heroes
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Fujian Sturgeons
- Xogadores do Kolossos Rodou BC