Marcus Thornton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcus Thornton
Marcus Thornton Kings.jpg
Houston Rockets – No. 5
Escolta
Información persoal
Nacemento 5 de xuño de 1987 (28 anos)
Luisiana Baton Rouge, Louisiana
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Tara (Baton Rouge, Louisiana)
Universidade Kilgore (2005–2007)
LSU (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 43

Por Miami Heat

Carreira dende 2009
Historial de equipos
New Orleans Hornets (2009-2011)
Sacramento Kings (2011-2014)
Brooklyn Nets (2014)
Boston Celtics (2014-2015)
Phoenix Suns (2015)
Houston Rockets (2015-presente)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies da NBA (2010)
Información en nba.com

Marcus Terrell Thornton, nado o 5 de xuño de 1987 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade[editar | editar a fonte]

Fixo 27 puntos e capturou 6.5 rebotes por partido no seu ano como sénior no Tara High School en Baton Rouge, Louisiana. Tras acabar o instituto xogou dous anos na Univerisdade de Kilgore, en Kilgore, Texas. Completou a súa carreira universitaria na universidade de Louisiana State (LSU), onde foi nomeado Xogador do Ano da Conferencia Sueste.

NBA[editar | editar a fonte]

Thornton foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Miami Heat, pero os seus dereitos foron traspasados aos New Orleans Hornets. O 23 de febreiro de 2010, Thornton anotou 23 puntos nun cuarto, a mellor marca da franquía dos Hornets. Rematoue ese partido con 37 puntos. Ao remate da tempada, foi incluído no segundo equipo de rookies da NBA. O 23 de febreiro de 2011, Thornton foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Carl Landry.[1] O 14 de marzo de 2011, Thornton anotou 42 puntos, a máxima anotación na súa carreira, contra os Golden State Warriors. O 9 de decembro de 2011, Thornton asinou un contrato por 5 anos e 40 millóns de dólares cos Kings.

O 19 de febreiro de 2014, os Kings traspasaron a Thornton ós Brooklyn Nets a cambio de Jason Terry e Reggie Evans.[2] O 10 de xullo de 2014, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Cleveland Cavaliers e os Nets.[3] O 19 de febreiro de 2015, Thornton foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Phoenix Suns, a cambio de Isaiah Thomas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Kings Acquire Marcus Thornton from the New Orleans Hornets in Exchange for Carl Landry». NBA.com. 2011-02-23. Consultado o 2011-02-24. 
  2. «Nets Acquire Marcus Thornton from Sacramento». NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  3. Celtics Complete Three-Team Trade
  4. «Suns Complete Deal with Boston for Thornton, Draft Pick». NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]