Reserva da biosfera Gerês-Xurés
Tipo | Reserva da biosfera Reserva da biosfera UNESCO-MAB | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Distrito de Viana do Castelo, Portugal, Distrito de Braga, Portugal, Distrito de Vila Real, Portugal, Bande, España, Calvos de Randín, España, Entrimo, España, Lobeira, España, Lobios, España e Muíños, España | |||
Localización | Miño | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 119,6 km² | |||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 555547559 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 27 de maio de 2009 | |||
A reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés é a reserva da biosfera galego-portuguesa de 260 hectáreas de afluentes do río Limia, como o Vez, Homen e o Cávado, ao seu paso polas serras do Xurés, do Quinxo e da Santa Eufemia. Abrangue a concellos galegos ourensás da Limia e Baixa Limia e en municipios portugueses, miñotos e trasmontanos, de Viana do Castelo, Braga e Vila Real. É un espazo de montaña granítica, con picos como a Nevosa e a Fontefría, e de abundantes ríos que discorren case dun xeito rectilíneo. Dentro da reserva atópanse o parque nacional da Peneda-Gêres e o parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés. De feito, esta reserva da biosfera ten un 24% da súa área na zona galega e dun total 260 mil ha. que están catalogadas como zonas núcleo, de máxima importancia de conservación.[1][2][3]
Ecosistema
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]A flora catalogada na reserva da biosfera conta con 807 especies. 117 especies son endemismos no nordés peninsular. A flora vascular de interese de conservación inclúe a especies como Armeria sampaioi e Ceratocapnos claviculat. Destaca o catálogo de 317 especies de briófitos, dos cales 227 son musgos e 90 hepáticas.[3]
Fauna
[editar | editar a fonte]A fauna de invertebrados catalogados na reserva é de 1196 especies e de vertebrados de 235 especies. Algunhas especies como a serpe Coronella girondica, o moucho Bubo bubo, ou as xinetas Genetta genetta son abundantes.[3]
Sociedade e economía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Na reserva viven arredor de 126 mil persoas. As zonas menos poboadas son as zonas de montaña, que son a zona núcleo do espazo. Pola contra, a meirande parte da poboación habita en lugares de praderías e ribeiras, en zonas de riparias e de clasificadas como zonas de transición na reserva.[3]
Patrimonio histórico
[editar | editar a fonte]Os lugares de maior interese histórico atópanse na franxa galega. A igrexas de Santa Comba de Bande e Santa María a Real son monumentos históricos. En Bande atópase "A Cidá", o campamento romano Aquis Querquennis, da Vía Nova romana construída entre o século I e II. Na franxa portuguesa destacan os castelos de Lindoso e Montealegre, construído durante o reinado de Afonso III.[3]
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura foi historicamente o motor económico na rexión. Agora, porén, prevalece o sector servizos, como o turismo, e a produción de carne.[3]
Lexislación
[editar | editar a fonte]A reserva da biosfera acolle no seu territorio espazos protexidos por outras medidas lexislativas e de acción, como é[1]:
- Zona de especial protección para as aves (ZEPA) "Baixa Limia - Serra do Xurés", de 31.287 ha.
- Zona especial de conservación (ZEC) "Baixa Limia", de 33.920 ha.
- Parque Natural "Baixa Limia - Serra do Xurés", de 29.345 ha.
- Parque Nacional da Peneda Gerês.
- SIC Serras da Peneda e Gerês.
- Reserva Bioxenética Matas de Palheiros Albergaria.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Área recreativa preto de Ameijoeria, na raia galego-portuguesa.
-
Vista entre o Penedo Redondo e Ameijoeria, na raia galego-portuguesa.
-
Campamento romano Aquis Querquennis en Bande.
-
Encoro das Conchas visto desde Porto Quintela en Bande.
-
Vilarinho das Furnas.
-
Cascada no Gêres.
-
Preto de Adrão, Arcos de Valdevez
-
Lagoa da Peneda, Arcos de Valdevez.
-
río Caldo en Gerês, Terras de Bouro.
-
Cataratas no río Caldo.
-
Hórreos en Castelo de Lindoso, Ponte da Barca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 JB. Reza Rodríguez e H. Miguel Pereira (Dirección); D. Figueiredo, JA. Amoeiro Mosquera (Coordinanción); ML Santarém, A Gil Carrera, N Veloso Estévez (Organización) A. Macedo, A. Tavares, A. Fontes, C. Pinto, C. Rodrigues, C. Machado, D. Figueiredo,D. Silva,H. Carvalho, H. Regalo, MC. Osório, ML. Santarém, R. Gonzalez, JC. Formoso González, FJ. Gonzalez Bailez, MÁ. Fernández Martínes, A. Gil Carrera, N. Veloso Estévez. Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia; Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte e Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas - ICNF, Governo de Portugal., eds. Propuesta para la creación de la Reserva de la Biosfera Transfronteriza Gerês/Xurés. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia e Instituto de Conservaçaô da Natureza e das Florestas, Governo da Repóblica Portuguesa. (eds.). Plano de Açâo 2015-2020 da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Man and Biosphere , UNESCO (eds.). "Gêres-Xurés".