Saltar ao contido

Principado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un principado é unha forma de goberno na que o xefe de estado é un príncipe, este modelo de goberno deuse moito na Idade Moderna nos períodos que se abarcan do século XV ao XVIII; os principados eran politicamente falando, pequenas rexións que dependían da metrópole moderna.

Os principados actuais

[editar | editar a fonte]

Na actualidade existen, entre outros, os de Liechtenstein, Mónaco e Andorra. Tamén forma parte do nome oficial da Comunidade Autónoma española do Principado de Asturias e da rexión británica de Gales, por motivos históricos. Os títulos de Príncipe de Asturias e Príncipe de Gales osténtano os herdeiros ás coroas de España e o Reino Unido, respectivamente.

Tamén atopánse outros tipos de principados, como o de Cataluña, o cal recibiu este nome durante a existencia da Coroa de Aragón. A primeira referencia ao Principado de Cataluña atópase nas Cortes de Perpiñán, de 1350, presididas polo rei Pedro o Cerimonioso. E estivo plenamente vixente ata o século XIX. Hoxe en día, a pesar de que o termo Principado non está recollido no Estatuto de Cataluña, continúa vixente como denominación tradicional.

Na actualidade existen tres Estados soberanos co rango de principado e dúas rexións pertencentes a dous Estados monárquicos. No caso dos tres primeiros, o príncipe é o xefe do Estado, mentres que nos outros dous casos, o príncipe é o sucesor do trono.

Principados históricos

[editar | editar a fonte]

Principado de Cataluña

[editar | editar a fonte]

O Cataluña, o cal recibiu este nome durante a existencia da Coroa de Aragón. A primeira referencia ao Principado de Cataluña atópase nas Cortes de Perpiñán, de 1350, presididas polo rei Pedro o Cerimonioso. e estivo plenamente vixente ata o século XIX. Con todo, no Real Decreto de 30 de novembro de 1833[Ligazón morta] polo que se establece a división provincial de España de Javier de Burgos, o único principado que se menciona é o de Asturias, mencionándose a Cataluña simplemente así. Hoxe en día, a pesar de que o termo Principado non está recollido no Estatuto de Cataluña, continúa vixente como denominación tradicional.

Principado de Kíiv

[editar | editar a fonte]

O Principado de Kíiv ou Rus' de Kiev foi o primeiro estado eslavo oriental, dirixido desde a cidade de Kíiv, agora en Ucraína, desde aproximadamente 880 ata mediados do século XII. Os reinados de Vladimir o Grande (980-1015) e o seu fillo Yaroslav I o Sabio (1019-1054) supuxeron a idade de ouro de Kíiv, que viu a aceptación do cristianismo ortodoxo e a creación do primeiro código legal escrito en lingua eslava, o Russkaya Pravda.

Principado de Vladímir-Súzdal

[editar | editar a fonte]

O Principado de Vladímir-Súzdal, Gran Ducado de Vladímir-Súzdal ou Rus de Vladímir-Súzdal foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kíiv como principal potencia eslava desde finais do século XII ata as postrimerías do século XIV. Considerado tradicionalmente como o berce do idioma e a nacionalidade rusas, Vladímir-Súzdal evolucionaría gradualmente ata transformarse no Gran Principado de Moscovia.

O Principado de Lucca e Piombino

[editar | editar a fonte]

O Principado de Lucca e Piombino, o cal o 23 de xuño de 1805 por petición do Senado de Lucca, constituíse o Principado de Lucca e Piombino, que se asignou á irmá de Napoleón Bonaparte Elisa Bonaparte e ao seu marido Felice Baciocchi.

Principado do Pindo e Voivodato de Macedonia

[editar | editar a fonte]

O Principado do Pindo e Voivodato de Macedonia foi un estado autónomo durante a Segunda guerra mundial baixo o control de Italia. O Pindo é unha rexión montañosa en Grecia do Norte e na parte meridional de Albania e Macedonia habitada por vlacos (arrumanos), meglenorrumanos e macedonios

Principado de Moscova

[editar | editar a fonte]

Moscovia ou Principado de Moscova é o nome do estado ruso que existiu desde o século XIV ata o XVI. O Gran Principado de Moscova, como se lle coñece a este estado nos documentos rusos, foi o sucesor do Principado de Kíiv nos seus territorios setentrionais e o predecesor do Tsarato Ruso, que á súa vez precedía ao Imperio Ruso.

Principado de Antioquía

[editar | editar a fonte]

Denomínase Principado de Antioquía a un dos Estados Cruzados en Terra Santa. Na Primeira cruzada, o príncipe Bohemundo de Tarento realizou unha vitoriosa campaña militar para recuperar territorios que Bizancio perdera fronte ao avance musulmán. Con todo, unha vez acabada a súa campaña coa toma de Antioquía, Bohemundo retivo o territorio, creando este principado.

Principado de Galilea

[editar | editar a fonte]

O Principado de Galilea foi un dos catro seigneuries do Reino de Xerusalén cruzado, segundo Jean de Ibelin, o comentarista do século XIII. O principado mesmo foi centrado ao redor de Tiberíades, a beiras do Mar de Galilea, pero ao sumarlle os territorios vasalos, o dominio abarcou a toda Galilea e a Fenicia meridional (actualmente o Líbano). O Principado tivo entre os seus vasalos os Ducados de Beirut, Nazaret, e Haifa, os cales moitas veces tiveron un número descomunal de sub-vasalos. A cidade independente de Sidón estivo no medio das terras galileas. Hai razóns para dubidarse da posición de Galilea como o señor dalgunhas deses terreos.

Principado de Capua

[editar | editar a fonte]

O Principado de Capua era un estado independente de facto, ás veces un vasalo do imperio bizantino ou do sacro imperio romano, no sur de Italia entre os séculos VIII e XII. A súa capital epónima era a cidade de Capua.