Principado de Antioquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principatus Antiochenus
Principado de Antioquía

1098–1268

Escudo

Mapa do principado de Antioquía
Capital Antioquía
Lingua Latín, Occitano
Relixión Catolicismo, ortodoxia oriental, islam, xudaísmo
Goberno Monarquía
Príncipe
 • 1098-1111 Bohemundo I
 • 1252-1268 Bohemundo IV
Período histórico Alta Idade Media
 • Primeira Cruzada 1098
 • Conquista da capital por Baibars 1268

O Principado de Antioquía foi un dos Estados cruzados creados durante a Primeira cruzada, que ocupou partes das modernas Turquía e Siria. O principado foi máis pequeno que o Condado de Edesa ou o Reino de Xerusalén. Estendíase ao longo do extremo nordés do mar Mediterráneo, bordeando co Condado de Trípoli ao sur, Edesa ao leste, e alternando entre Imperio Bizantino e o Reino de Armenia ao noroeste, segundo o ano.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

O avance musulmán cara Occidente causou preocupación entre a cristiandade. Tras a caída dos Santos Lugares, o Papado promoveu as expedicións militares que foron coñecidas como cruzadas.

Na Primeira cruzada, o príncipe Bohemundo de Tarento realizou unha vitoriosa campaña militar para recuperar territorios que Bizancio perdera fronte ao avance musulmán. Porén, unha vez acabada a súa campaña coa toma de Antioquía, Bohemundo retivo o territorio, creando este principado.

Poboación[editar | editar a fonte]

O principado tivo arredor de 20 000 habitantes durante o século XII, moitos dos cales eran cristiáns armenios ou ortodoxos gregos, cuns poucos habitantes musulmáns. Moitos dos cruzados que se asentaron no principado eran de orixe normanda, na súa maioría do condado de Sicilia, sendo estes os primeiros gobernantes do país. Poucos dos habitantes do principado, coa excepción dos cruzados, eran católicos, a pesar de que a cidade estaba baixo a xurisdición do Patriarcado Latino de Antioquía, establecido no 1100. Este patriarcado mantívose como o titular da sé antioquense ata que foi deposto en 1964.

Lista de príncipes de Antioquía[editar | editar a fonte]

Príncipes titulares de Antioquía 1268-1457

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.