A ortodoxia oriental separouse do resto da Igrexa por diferenzas terminolóxicas cristolóxicas. O Primeiro Concilio de Nicea declarara que Xesús Cristo é Deus, é dicir, "consubstancial" co Pai; e o Primeiro Concilio de Éfeso que Xesús, malia seren verdadeiramente divino e humano, é un único ser persoal (unión hipostática). Vinte anos logo de Éfeso, o Concilio de Calcedonia declarou que Xesús é unha persoa en dúas naturezas completas, a humana e a divina. Aqueles que se opuxeron á declaración de Calcedonia sostiñan unha doutrina semellante ao nestorianismo, condenado en Éfeso, segundo a cal Cristo era dous seres distintos, un divino (o Logos) e outro humano (Xesús).
Distribución dos cristiáns ortodoxos orientais no mundo:Relixión maioritaria (máis dun 75%)Relixión principal (50% – 75%)Minoría relixiosa de importancia (20% – 50%)Minoría relixiosa significativa (5% – 20%)Minoría relixiosa (1% – 5%)Pequena minoría relixiosa (menos do 1%), mais con autocefalia
Constitúe unha minoría en Exipto (9%),[4]Sudán (3–5% do 15% de cristiáns), Siria (2–3% do 10% de cristiáns), Líbano (10% do 40% de cristiáns) e Kerala, India (7% do 20% de cristiáns en Kerala).[5] En termos do número total de membros, a Igrexa Etíope é a maior de todas elas.