Eleccións á Asemblea de Madrid de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
‹ 2019 • Comunidade de Madrid • 2025
Eleccións á Asemblea de Madrid
136 escanos do Parlamento
4 de maio de 2021
Tipo Lexislativa
Período 2021-2025

Demografía electoral
Poboación 6.755.609[2]
Electores 5.112.658[1]
Votantes 3.637.095
Participación
  
76.25% Green Arrow Up.svg 18.6%
Votos en branco 19.169
Votos nulos 22.150

Resultados
Isabel Díaz Ayuso en el Séptimo Aniversario de El Huffpost (cropped).jpg
PP - Isabel Díaz Ayuso
Votos 1.620.210 Green Arrow Up.svg 125.1%
Escanos obtidos 65 Green Arrow Up.svg 116.7%
  
44.73%
Mónica García 2021 (cropped).jpg
Más Madrid - Mónica García
Votos 614.660 Green Arrow Up.svg 29.2%
Escanos obtidos 24 Green Arrow Up.svg 20%
  
16.97%
Ángel Gabilondo 2015b (cropped).jpg
PSOE - Ángel Gabilondo
Votos 610.190 Red Arrow Down.svg 31%
Escanos obtidos 24 Red Arrow Down.svg 35.1%
  
16.85%
Rocío Monasterio 2019 (cropped).jpg
Vox - Rocío Monasterio
Votos 330.663 Green Arrow Up.svg 14.9%
Escanos obtidos 13 Green Arrow Up.svg 8.3%
  
9.13%
Pablo Iglesias 2020b (cropped).jpg
Unidas Podemos - Pablo Iglesias
Votos 261.010 Green Arrow Up.svg 44%
Escanos obtidos 10 Green Arrow Up.svg 42.9%
  
7.21%

Distribución de escanos na Asemblea
Eleccións á Asemblea de Madrid de 2021

Presidente da Comunidade de Madrid

As eleccións á Asemblea de Madrid de 2021 celebráronse o martes 4 de maio de 2021[3] para elixir a XII Asemblea da Comunidade de Madrid. Os 136 escanos da asemblea lexislativa rexional estiveron en xogo. Estas eleccións marcaron a primeira vez que a presidencia rexional de Madrid fixo uso da prerrogativa presidencial para convocar unhas eleccións anticipadas.[4]

Sistema electoral[editar | editar a fonte]

Sufraxio activo e pasivo[editar | editar a fonte]

A votación para a Asemblea realizouse mediante sufraxio universal, que comprende a todos os nacionais maiores de dezaoito anos, empadroados na Comunidade de Madrid e en pleno goce dos seus dereitos políticos. Ademais, os madrileños no estranxeiro teñen a posibilidade de solicitar o voto por correo.[5]

A lei electoral permite que os partidos e as federacións rexistradas no Ministerio do Interior, as coalicións e as agrupacións de electores presenten listas de candidatos. Os partidos e federacións que pretendan formar unha coalición antes das eleccións deben comunicalo á Xunta Electoral correspondente nos dez días seguintes á convocatoria electoral, mentres que as agrupacións de electores necesitan conseguir a sinatura de polo menos o 0,5 por cento do electorado da Comunidade de Madrid.

Disolución da Asemblea e repartición de escanos[editar | editar a fonte]

O mandato da Asemblea de Madrid expira catro anos despois da data da súa anterior elección.[6][7][8] Porén, o presidente ten a prerrogativa de disolver a Asemblea de Madrid e convocar unhas eleccións anticipadas, sempre que non estea en trámite ningunha moción de censura, non estean previstas unhas eleccións de ámbito nacional e se cumpran algúns requisitos temporais: a saber, que a disolución non se produza nin durante a primeira sesión lexislativa nin dentro do último ano da lexislatura antes do seu vencemento previsto, nin antes de que transcorra un ano dende unha disolución anterior.[6]

Todos os membros da Asemblea de Madrid son elixidos mediante un sistema proporcional co método D'Hondt, sobre listas pechadas e un limiar do 5% dos votos válidos, que inclúe os votos en branco. Os partidos que non alcanzan o limiar non se teñen en conta para a repartición de escanos. A Asemblea ten dereito a un membro por cada 50.000 habitantes ou fracción superior a 25.000.[6][7]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Rumores de adianto electoral en 2020[editar | editar a fonte]

Ao longo de 2020, como consecuencia tanto das crecentes divisións entre os dous socios da coalición de goberno como da probabilidade de que se presentase unha moción de censura por parte da oposición pola suposta mala xestión de Díaz Ayuso da pandemia de COVID-19 na Comunidade de Madrid,[9][10] Ayuso propuxo convocar unhas eleccións anticipadas na rexión.[11]

Un primeiro intento sería abortado pola dirección nacional do seu partido en xuño de 2020,[12][13] pero en setembro informouse de que Ayuso pretendía que as eleccións autonómicas en Madrid coincidisen coas anunciadas autonómicas catalás polo presidente Quim Torra, previstas provisionalmente para algún momento de finais de 2020 ou principios de 2021.[14][15] A propia Ayuso pareceu rexeitar tales rumores a través da súa conta de Twitter.[16]

Mocións de censura en Murcia e ruptura PP-Cs[editar | editar a fonte]

O 10 de marzo de 2021, tanto o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) como Cidadáns (Cs) anunciaron un acordo polo que levarían a cabo senllas mocións de censura contra os gobernos do Partido Popular (PP) nos gobernos da cidade e da rexión de Murcia, onde tanto PP como Cs gobernaban dende as eleccións autonómicas e municipais de 2019.[17] Isto provocou que a presidenta Ayuso rompese inmediatamente a súa alianza con Cs na Comunidade de Madrid e convocase unhas eleccións autonómicas anticipadas para o 4 de maio de 2021, temendo que a póla de Cs en Madrid fixese o mesmo.[18][19]

Pandemia de COVID-19[editar | editar a fonte]

A celebración destas eleccións estivo marcada pola pandemia da COVID-19, sendo estas as cuartas eleccións celebradas en España desde o estalido da pandemia (tras as eleccións galegas e vascas celebradas en paralelo o 12 de xuño de 2020, e as eleccións catalás celebradas o 14 de febreiro de 2021). Así, o Goberno da Comunidade de Madrid estabeleceu medidas especiais para a celebración destes comicios.[20][21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estadística. "En las elecciones a la Asamblea de Madrid podrán votar 5.112.658 electores" (PDF). Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  2. "Tabla oficial de población residente publicada por el INE, mostrando datos por Comunidades Autónomas". Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  3. Nuevatribuna. ""El Decreto de disolución se publicará en el BOCM y entrará en vigor en el momento de su publicación"". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  4. Brunet, José María (14 de marzo de 2021). "La justicia mantiene las elecciones en Madrid el 4 de mayo". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  5. Reig Pellicer, Naiara (16 de decembro de 2015). "Elecciones españolas: Rogando el derecho al voto". cafebabel.co.uk. Consultado o 17 de xullo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Ley Orgánica 3/1983, de 25 de febrero, de Estatuto de Autonomía de la Comunidad de Madrid". Boletín Oficial del Estado (Ley Orgánica) (en castelán). 25 de febreiro de 1983. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "Ley 11/1986, de 16 de diciembre, Electoral de la Comunidad de Madrid". Boletín Oficial del Estado (Ley) (en castelán). 16 de novembro de 1986. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  8. "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General". Boletín Oficial del Estado (Ley Orgánica) (en castelán). 19 de xuño de 1985. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  9. Caballero, Fátima (15 de setembro de 2020). "La izquierda madrileña asume que no hay más salida que la moción de censura a Ayuso y traslada la presión a Ciudadanos". eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2020. 
  10. Mateo, Juan José (18 de setembro de 2020). "El virus desborda a Madrid y obliga a Sánchez y Ayuso a reunirse para coordinarse". El País. Madrid. Consultado o 18 de setembro de 2020. 
  11. "Ayuso se va a las urnas". Voz Pópuli (en castelán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  12. Belver, Marta (22 de xuño de 2020). "Génova frenó la intención de Ayuso de convocar elecciones anticipadas". El Mundo (en castelán). Madrid. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  13. "Díaz Ayuso admite que sopesó convocar elecciones anticipadas en Madrid". El País (en castelán). Madrid. Agencias. 22 de xuño de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  14. Morodo, Carmen (10 de setembro de 2020). "Ayuso plantea adelantar las urnas e ir al mismo tiempo que Cataluña". La Razón (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  15. Martiarena, Asier (11 de setembro de 2020). "Guerra de nervios en Madrid". La Vanguardia (en castelán). Madrid. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  16. Vega, Nuria (11 de setembro de 2020). "Díaz Ayuso aparca la posibilidad de convocar elecciones en Madrid coincidiendo con las catalanas". La Voz de Galicia (en castelán). Madrid. Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  17. "El PSOE y Ciudadanos pactan dos mociones para echar al PP del Gobierno de Murcia y el Ayuntamiento de la capital". elpais.com. 10 de marzo de 2021. 
  18. "Ayuso convoca elecciones en Madrid para evitar la moción de Ciudadanos". El Independiente (en castelán). 10 de marzo de 2021. Consultado o 1 de xuño de 2021. 
  19. Mateo, Juan José; Viejo, Manuel (10 de marzo de 2021). "Ayuso alega que adelanta las elecciones al 4 de mayo para evitar una moción de censura de PSOE y Cs". El País (en castelán). Madrid. Consultado o 10 de marzo de 2021. 
  20. I. P. Nova (11 de marzo de 2021). "Otras elecciones marcadas por la pandemia: el 4-M podría haber un repunte por el efecto Semana Santa". El Español. Consultado o 20 de marzo de 2021. 
  21. M. Carmen Cruz Martín (18 de marzo de 2021). "Así es el protocolo anti-Covid para el 4M en Madrid: sin EPI y con franjas especiales para mayores y contagiados". RTVE. Consultado o 20 de marzo de 2021.