Saltar ao contido

My, bielarusy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Мы, беларусы
My, bielarusy
En galego: Nós, belarusos
Himno deBelarús Belarús
LetraMikhas Klimkovich e Uladzimir Karyzny
2002
MúsicaNiescier Sakałoŭski
1944
Adoptado24 de setembro de 1955 (música)
2 de xullo de 2002 (letra)
Mostra da música
noicon

My, bielarusy (en belaruso: Мы, беларусы; en ruso: Мы, белорусы; "Nós, belarusos") é o título non oficial do himno nacional de Belarús e a primeira liña da súa letra. Oficialmente, My Belarusy titúlase "O Himno Nacional da República de Belarús" (en belaruso: Дзяржаўны гімн Рэспублікі Беларусь, en ruso: Государственный гимн Республики Беларусь). O himno foi escrito e adoptado orixinalmente en 1955 para usarse na República Socialista Soviética de Belarús. A música do himno da RSS de Belarús foi composta por Nestar Sakalowski e a letra foi escrita por Mihas' Klimovich. Despois da caída da Unión Soviética, a música composta por Sakalowski mantívose e a letra foi rexeitada. A nova letra, que estaba escrita por Klimkovich e Uladzimir Karyzny, foi adoptada por un decreto presidencial emitido o 2 de xullo de 2002.

Himno da RSS de Belarús

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Himno da RSS de Belarús.

My Belarusy foi usado orixinalmente como o himno da República Socialista Soviética de Belarús (en belaruso: гімн Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка, en ruso: гимн Белорусской Советской Социалистической Республики) dende o 24 de febreiro de 1955. O himno foi composto por Sakalowski e a letra foi escrita por Mihas' Klimovich. Belarús non foi a única República Socialista Soviética que adoptou o seu propio himno; cada RSS adoptou o seu propio himno excepto a República Socialista Federativa Soviética de Rusia, que usou o Himno da Unión Soviética.

Himno da República de Belarús

[editar | editar a fonte]

A única mención legal do himno nacional antes de 2002 está na Constitución da República de Belarús. A sección primeira, artigo 19 da constitución declara que "Os símbolos da República de Belarús como un estado soberano deben ser a súa bandeira nacional, o seu escudo nacional e o seu himno nacional." Aínda que a constitución só mencionou o uso da bandeira, himno e armas como símbolos nacionais, cada símbolo tivo que ser definido por lei.

Outras cancións

[editar | editar a fonte]

Жыве Беларусь! (Longa Vida Belarús!) foi unha canción composta en 1994 que ten letra similar ó himno actual. Mentres que a letra de Longa Vida Belarús úsase coa melodía do himno actual, a canción nunca foi usada oficialmente polo Goberno Belaruso.[1]

Outro favorito no concurso foi o poema Маладая Беларусь (Xove Belarús) de Janka Kupala. Porén, ó poema nunca se acompañou cunha composición musical polo que Xove Belarús non puido ser seleccionada como himno.[2]

Letra oficial

[editar | editar a fonte]
Belaruso Alfabeto łacinka Tradución ó galego

Мы, беларусы - мірныя людзі,
Сэрцам адданыя роднай зямлі,
Шчыра сябруем, сілы гартуем
Мы ў працавітай, вольнай сям'і.

Прыпеў:
Слаўся, зямлі нашай светлае імя,
Слаўся, народаў братэрскі саюз!
Наша любімая маці-Радзіма,
Вечна жыві і квітней, Беларусь!

Разам з братамі мужна вякамі
Мы баранілі родны парог,
У бітвах за волю, бітвах за долю
Свой здабывалі сцяг перамог!

Прыпеў

Дружба народаў - сіла народаў -
Наш запаветны, сонечны шлях.
Горда ж узвіся ў ясныя высі,
Сцяг пераможны - радасці сцяг!

Прыпеў

My, Biełarusy – mirnyja ludzi,
Sercam addanyja rodnaj ziamli.
Ščyra siabrujem, siły hartujem
My ŭ pracavitaj, volnay siamji!


Słaŭsia ziamli našaj śvietłaje imia,
Słaŭsia, narodaŭ braterski sajuz!
Naša lubimaja maci-Radzima,
Večna žyvi i kvitniey, Biełaruś!

Razam z bratami mužna viakami
My baranili rodny paroh,
Ŭ bitvach za volu, bitvach za dolu
Svoj zdabyvali ściah pieramoh!

Družba narodaŭ – siła narodaŭ –
Naš zapavietny, soniečny šlach.
Horda ž uzvijsia ŭ jasnyja vysi,
Ściah pieramožny – radaści ściah!

Nós somos belarusos, xente pacífica,
O noso corazón é o da nosa patria,
Mantemos xenerosa amizade e aumentamos os nosos poderes
Entre os traballadores, familia libre.


Gloria ó brillante nome da nosa terra,
Gloria á unión fraternal das nosas xentes!
A nosa amada patria,
Longa e próspera vida, Belarús!

Xuntos como irmáns, con fortaleza, durante séculos
Gardamos os nosos principios nativos,
En loita pola liberdade, en loita polo destino,
Nós aumentamos os nosos estandartes de vitoria.

A amizade dos pobos é o poder dos pobos
É o noso venerable e soleado camiño
Ti ascendes con orgullo, nas brillantes alturas,
O estandarte da vitoria, bandeira da ledicia!

Partituras

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]