Medusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Medusa (mitoloxía).
Medusa
Chrysaora quinquecirrha
Chrysaora quinquecirrha
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Hatschek, 1888
Subfilo: Medusozoa
Clases

Hydrozoa - hidromedusas
Scyphozoa - escifomedusas
Cubozoa - cubomedusas

A medusa ou augamar[1] é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos,[2] ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis.[3] As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.[4]

Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augamar.
  2. "Fossil Record Reveals Elusive Jellyfish More Than 500 Million Years Old". Science daily (en inglés). 2 de novembro de 2007. 
  3. "So Much More Than Plasma and Poison". The New York Times (en inglés). 6 de xuño de 2011. 
  4. Gili, Josep-Maria. Recerca en acció, ed. "Què són les meduses?". Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  5. Agència Catalana de l'Aigua (ed.). "Meduses" (PDF). Consultado o 2 de agosto de 2013.