Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Democrático Alemán
Instancia de
Nome orixinal
Deutsche Demokratische Partei (de)
Fundación / creación
1918
Disolución / destrución
1933
Substitúe
Substituído por
Membros 113000 (1930)
Wikidata C:Commons
O Partido Democrático Alemán (en alemán: Deutsche Demokratische Partei , DDP ) foi un partido político alemán formado ao comezo da República de Weimar ao unirse o Partido Progresista Popular e o sector de esquerda do Partido Liberal Nacional en 1919 representando aos liberais de esquerda e que foron xunto co SPD o partido que máis pulou polo mantemento da forma de goberno democrática e republicana. Formou parte do primeiro goberno de Weimar e aínda que dimitiron como protesta polo Tratado de Versalles ao pouco volveron ao goberno. Os seus líderes foron Walther Rathenau , Eugen Schiffer , Otto Preuss , Otto Gessler e Erich Koch-Weser , e entre os membros máis coñecidos do DDP pódense citar a Theodor Heuss , Albert Einstein , Thomas Mann , Ludwig Quidde e Max Weber .
En 1930 uniuse á Asociación Nacional do Reich , partido político que xurdira da nacionalista Jungdeutscher Orden , para formar o Partido do Estado Alemán que fracasou nas eleccións de 1930, o que provocou que tras a marcha da ANR o novo partido fora fundamentalmente o antigo DDP con outro nome. En 1933 xunto co resto dos partidos foi disolto polos nazis.
1919: 18.5%
1920: 8.3%
1924: 13.4%
1928: 12.1%
1930: 3.8%
1932: 1%
1933: 0.9%