Oswald Spengler
Oswald Spengler | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de maio de 1880 |
Lugar de nacemento | Blankenburg |
Falecemento | 8 de maio de 1936 |
Lugar de falecemento | Múnic |
Soterrado | Nordfriedhof (Munique) |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Halle-Wittenberg, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de Múnic |
Ocupación | historiador, filósofo, sociólogo, matemático e escritor |
Coñecido por | The Decline of the West |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Oswald Spengler (1880 — 1936) foi un filósofo alemán, nado en Blankenburg, Harz o 29 de maio de 1880. Logo dos estudos universitarios en Múnic, Berlín e Halle, foi profesor de matemáticas en Hamburgo, mais abandonou rapidamente o ensino para consagrarse á escritura da súa obra magna : A Decadencia de Occidente. Escrita antes da primeira guerra mundial, e publicada a súa primeira parte en 1918, daríalle fama en todo o mundo. En Alemaña converteuse nun dos autores de referencia da « Revolución conservadora » que se oporá á Alemaña de Weimar.
A Decadencia de Occidente é unha obra de síntese histórica que reúne á vez a economía política e a política, as ciencias e as matemáticas, as artes plásticas e a música. Nela analiza a historia diferenciando as grandes culturas históricas, que semellantes a seres biolóxicos, nacen, viven, declinan e morren. Spengler distinguiu oito grandes culturas principais e tres actitudes principais propias de Occidente : a actitude apolínea, a actitude máxica e a actitude fáustica.
Esta síntese aparece á vez fría e lúcida. Spengler é un dos últimos autores sobrecollidos polo romanticismo do fracaso das civilizacións e a melancolía do fin do mundo.
Desenvolveu ademais unha visión cíclica ou « esférica » da historia, con o que esta carece de sentidos. Cada cultura está determinada pola súa herdanza, os seus valores e o seu sentimento do destino. A obra inspirou a numerosos autores contemporáneos : Thomas Mann, Ernst Jünger, Emil Cioran, Martin Heidegger, Raymond Aron, Arnold Toynbee.
Obras (selección)[editar | editar a fonte]
- Der Untergang des Abendlandes (A Decadencia de Occidente) (1918-1922)
- Preußentum und Sozialismus (Prusianidade e Socialismo) (1919)
- Der Mensch und die Technik (O Home e a Técnica) (1931)
- Jahre der Entscheidung (Anos decisivos) (1933)