Saltar ao contido

Cauca, Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cauca, Colombia
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
1857 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.491.937 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   29.308 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.693 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1392085 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02p08t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 97202
Wikidata C:Commons

Cauca é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase no suroccidente do país, na rexión natural do Pacífico, e a súa capital é Popayán. Ten unha superficie de 29.308 km² e de acordo co DANE, posúe unha poboación estimada (2024) de 1.578.476 habitantes.[1]

No período precolombiano numerosos pobos indíxenas habitaron a rexión, principalmente os nasas, guambianos, aviramas, totoroes, polindaras, paniquitaes, coconucos, patías, bojoles, chapanchicas, sindaguas, timbas, jamundíes e cholos. O primeiro conquistador que recoñeceu o territorio caucano foi Sebastián de Belalcázar en 1536, quen chegou procedente do Perú na procura de "El Dorado" acompañado, entre outros, polos capitáns Pedro de Añazco e Juan de Ampudia.[2]

Provincia de Popayán en 1810.

Nun principio, Belalcázar percorreu o val do río Patía e logo enviou a Añazco e Ampudia a explorar o val de Pubenza, onde se fundaría a cidade de Popayán; esta última foi fundada por Belalcázar o 13 de xaneiro de 1537; a partir de alí recoñeceu as fontes dos ríos Cauca e Magdalena e a lagoa do Boi. Carlos V concedeu a Belalcázar o 10 de maio de 1540, o título de adiantado e gobernador vitalicio da provincia de Popayán,[3] cuxa xurisdición abranguía nun principio os territorios dos actuais departamentos de Nariño e Cauca; en 1541 os dominios de Popayán foron ampliados á maior parte do territorio colombiano, dende San Juan de Pasto até a serranía de Abibe. Durante a primeira metade do século XIX, Popayán continuou sendo un importante centro político e comercial da Nova Granada.[4]

En 1819 a provincia de Popayán formou parte do departamento de Cundinamarca da Gran Colombia e en 1821 foi convertido no centro do departamento do Cauca; entre 1831 e 1857 novamente foi a provincia de Popayán. En 1857 foi renomeado como Estado Soberano do Cauca, o cal tiña poder sobre as antigas provincias de Pasto, Cauca, Chocó, Buenaventura e Caquetá. En 1886 o status do Cauca mudou a departamento e devandita condición ratificouse en 1910, mentres os territorios antes mencionados foron segregados a comezos do século XX.[4]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os concellos máis poboados do departamento en 2025 eran:


Popayán


Santander de Quilichao

Núm. Concello Pob. Núm. Concello Pob.
El Tambo

Cajibío
1Popayán346 4036Puerto Tejada45 047
2Santander de Quilichao119 1217Piendamó44 400
3El Tambo58 3238Caldono43 643
4Páez50 0829Morales42 419
5Cajibío45 48110Silvia40 773
Gráfica de evolución de Cauca, Colombia entre 1912 e 2025
     Poboación segundo o censo.     Poboación segundo a proxección.Fonte: Statoids.[5] DANE.[6]

Etnografía

[editar | editar a fonte]

O Cauca é un departamento colombiano cunha gran proporción de indíxenas. As dúas etnias máis numerosas son os nasas e os guambianos. Dende os tempos coloniais estiveron en conflito pola propiedade das terras. Un dos líderes nasas máis salientables foi Quintín Lame.

  1. "Perfil Económico Cauca 2020".
  2. "Información general". Gobernación del Cauca. Consultado o 15 de marzo de 2012.
  3. "Departamento del Cauca". TodaColombia.com. Consultado o 15 de marzo de 2012.
  4. 1 2 "Cauca (Generalidades)". Biblioteca Luis Ángel Arango. Consultado o 15 de marzo de 2012.
  5. "Departments of Colombia: Population history". Statoids. Consultado o 10 de decembro de 2015.
  6. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de xullo de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]