Juan Ramón López Caro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1963 (61 anos) Lebrija, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan Ramón López Caro, nado en Lebrija (Sevilla) o 23 de marzo de 1953, é un adestrador de fútbol español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como técnico no fútbol rexional andaluz en equipos coma o Unión Balompédica Lebrija, o Lebrija, a UD Los Palacios, o Dos Hermanas ou a UD Melilla. O gran salto deuno cando se fixo cargo do Real Mallorca B no ano 1999 co que chegou a militar en Segunda División.
No ano 2001 fichou polo Real Madrid B e a quen adestrou durante as cinco tempadas seguintes. Na tempada 2005-06 foi o substituto de Wanderlei Luxemburgo á fronte do primeiro equipo. En xuño de 2006 non renovaría co club, inmerso nun proceso de eleccións.
A tempada seguinte firmou un contrato co Racing de Santander pero sen estar moi claro por que rompeuse o contrato e fichou polo Levante UD, que acababa de ascender a Primeira División. Foi destituído no mes de xaneiro.
O 8 de outubro de 2007 fichouno o Celta de Vigo para substituír o búlgaro Hristo Stoichkov. O técnico sevillano levou consigo ao seu axudante, Juanjo Maqueda, que compartira o cargo co segundo adestrador do búlgaro, Antonio López. En Vigo realizou unha tempada moi irregular que mantivo ao equipo lonxe dos postos de ascenso, polo que foi cesado na xornada 28, o seu posto ocupouno Antonio López.
En xullo de 2008 López Caro fíxose cargo da Selección de fútbol sub-21 de España, coa que participou na Eurocopa de Fútbol Sub-21, quedando eliminada na fase de grupos.
En xuño de 2010 fichou polo FC Vaslui de Romanía, porén dimitiu ese mesmo ano acusando ao club de accións abusivas continuadas. Dende xaneiro de 2012 ocupa o posto de director deportivo da Federación de fútbol de Arabia Saudita.