Kenenisa Bekele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKenenisa Bekele

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Bekoji (Derg) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEtiopía Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Peso56 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista , atleta Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEtiopía Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaMaratón
5000 metros
10 000 metros Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 201210 000 metros
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor em Wikidata
Premios

Instagram: kenenisabekele_42 IAAF: 14181357 Olympic.org: kenenisa-bekele Editar o valor em Wikidata
Medallas olímpicas
Ouro 10.000 m Pequín 2008
Ouro 5.000 m Pequín 2008
Ouro 10.000 m Atenas 2004
Prata 5.000 m Atenas 2004

Kenenisa Bekele (en amhárico: ቀነኒሳ በቀለ), nado o 13 de xuño de 1982 en Bekoji (Oromia), é un atleta etíope, especialista nas carreiras de longas distancia e no cross. Actual campión olímpico e mundial de 10.000 m, é tamén o posuidor do récord do mundo nesa distancia e foi campión do mundo de cross en distancia longa (ao redor de 12 km) en seis ocasións, entre elas en 2008.

Características deportivas[editar | editar a fonte]

Kenenisa Bekele é un dos atletas máis destacados do fondo de toda a historia. A súa capacidade de resistencia levouno a participar en cinco edicións dos mundiais de cross competindo ao mesmo tempo na distancia curta e na longa (4 km e 12 km) e vencendo nas dúas. Pero é especialmente coñecido pola velocidade que acada nas voltas finais. En 2003, realizou a última volta dun 10.000 en 54"64, e ese mesmo ano corría un último 200 m en 24" (52"63 no total da última volta).

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

A súa carreira internacional comezou ao proclamarse campión do mundo de cross en categoría júnior en 2001. Ao ano seguinte, o seu primeiro como absoluto, xa se proclamou dobre campión mundial de cross na distancia longa e na curta, fazaña que repetiría nas catro edicións seguintes, de forma consecutiva. A partir de 2003 comeza a simultanear o campo a través coa pista, e proclámase campión mundial de 10.000 m, título que revalidaría en 2005 e en 2007.

En 2004 proclamouse por primeira vez campión olímpico nos Xogos de Atenas, na distancia de 10.000 m. O 20 de agosto tivo lugar a final, na que os atletas etíopes buscaban ocupar os tres postos do podio. Dado que Haile Gebrselassie tiña problemas no seu tendón de Aquiles a carreira desenvolveuse de forma lenta, pero cando Gebrselassie demostrou que non podía seguir o ritmo aumentaron a velocidade, e venceu Bekele por diante do seu compatriota Sileshi Sihine e do eritreo Zersenay Tadese, cun tempo de 27'05"10, que supuña un novo récord olímpico. O último 400 cubriuno en 53"02[1]. Oito días máis tarde, o 28 de agosto, Bekele quedaba segundo na final dos 5.000 m por detrás do marroquí Hicham El Gerrouj e por diante do kenyano Eliud Kipchoge, cun tempo de 13'14"59, a vinte décimas de segundo de El Guerrouj[2].

Despois dos Xogos entrou nunha época de crise de resultados que foi relacionada coa morte da súa parella en estrañas circunstancias. Pero en 2005 volvía gañar as dúas distancias do cross. Conseguiu encadear 27 vitorias consecutivas no campo a través, rotas en 2007, nos mundiais de cross de Mombasa (Kenya), cando obtivo a prata por detrás de Zersenay Tadese. Nos mundiais de 2008 en Edimburgo recuperou o seu cetro como campión mundial.

Récords mundiais actuais[editar | editar a fonte]

Kenenisa Bekele en 2008.


Predecesor:
Bélxica Mohammed Mourhit
 Campión do mundo de cross
longa distancia
 
2002-2006
Sucesor:
Eritrea Zersenay Tadese
Predecesor:
Eritrea Zersenay Tadese
 Campión do mundo de cross
longa distancia
 
2008
Sucesor:
-
Predecesor:
Kenya Enock Koech
 Campión do mundo de cross
curta distancia
 
2002-2006
Sucesor:
distancia suprimida
Predecesor:
Kenya Charles Kamathi
 Campión do mundo de atletismo 
2003-2007
Sucesor:
-

Datos persoais[editar | editar a fonte]

É o irmán máis vello do tamén atleta Tariku Bekele.

O 4 de xaneiro de 2005, a atleta Alem Techale, prometida de Bekele, falece supetamente durante uns adestramentos, cando estaba en compañía del. Aínda que se lle practicou autopsia, non se deron a coñecer datos sobre a causa do infarto. O 18 de novembro de 2007, Bekele casou coa actriz etíope Danawit Gebregziabher nun hotel de Addis Abeba.

Notas[editar | editar a fonte]