Saltar ao contido

Pyotr Bolotnikov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPyotr Bolotnikov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Mordovia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de decembro de 2013 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Krasnoslobodsk Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Troyekurovskoye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista, adestrador, atleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de outubro de 1964Xogos Olímpicos de 1964
1962Campeonato da Europa de Atletismo de 1962 (pt) Traducir
25 de agosto de 1960Xogos Olímpicos de 1960
22 de novembro de 1956Xogos Olímpicos de 1956 Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14348266 Olympics.com: pyotr-bolotnikov Find a Grave: 195644024 Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Roma 1960 10.000 m

Pyotr Grigorevich Bolotnikov (en ruso: Пётр Григорьевич Болотников), nado en Zinovkino (Mordovia) o 8 de marzo de 1930, é un antigo atleta soviético, un dos mellores corredores de fondo de comezos da década de 1960,[1] gañador dos 10.000 metros nos Xogos Olímpicos de Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pyotr Bolotnikov comezou no atletismo con só 20 anos, cando se uniu ao Exército Vermello. Preparábase na sociedade deportiva Spartak.[2]

Bolotnikov gañou o seu primeiro título nun campionato nacional nos 10 000 m en 1957, cando sorprendentemente superou o gran Vladimir Kuts na recta final por 0,2 segundos. Converteuse no dobre campión soviético en 5000 e 10 000 metros dende 1958 ata 1962. Tamén gañou o título nacional nos 10 000 m en 1964 e o título nacional na modalidade de campo a través en 1958. En 1959 recibiu o título de "Mestre Honorífico do Deporte da Unión Soviética".[2]

Bolotnikov participara xa nos Xogos Olímpicos de 1956, pero sen éxito. Nos Xogos Olímpicos de 1960 celebrados en Roma Bolotnikov controlou a carreira dos 10 000 m dende o principio até a fin, superando aos principais favoritos Hans Grodotzki de Alemaña Oriental e Murray Halberg de Nova Zelandia por 5 segundos. O 5 de outubro dese mesmo ano, en Kíiv, rebaixou o récord mundial dos 10 000 metros en case 12 segundos, 28:18.8.[3]

Xusto dúas semanas antes dos Europeos de Atletismo de 1962 en Belgrado, o 11 de agosto de 1962 en Moscova, Bolotnikov bateu o seu propio récord dos 10 000 m en 0,6 segundos, 28:18.2[3], converténdose no favorito para as probas de longa distancia destes campionatos. Gañou facilmente a carreira dos 10 000 m, aínda que sorprendentemente quedou terceiro nos 5000 m.

Logo do fracaso nos Xogos Olímpicos de 1964, decidiu retirarse do atletismo en 1965. Recibiu a Orde de Lenin en 1960.[2]

  1. Grande Enciclopedia Rusa (2005), Moscova: Bol'shaya Rossiyskaya enciklopediya Publisher, vol. 3, p. 731
  2. 1 2 3 Boris Khavin (1979). Todo sobre os Xogos Olímpicos, 2ª ed. (en ruso), Moscova: Fizkultura i sport, p.534.
  3. 1 2 "Atletismo - progresión do récord mundial" (PDF). Comité Olímpico Internacional. Consultado o 3 de xaneiro de 2007.