Billy Mills
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1938 Pine Ridge |
| Grupo étnico | Pobo lakota |
| Educación | Universidade de Kansas |
| Altura | 180 cm |
| Peso | 68 |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, fondista, maratoniano, deportista |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | Maratón |
| Participou en | |
| 10 de outubro de 1964 | Xogos Olímpicos de 1964 |
| Premios | |
| |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Toquio 1964 | 10.000 m | ||
William Mervin "Billy" Mills, tamén coñecido polo seu nome nativo en lakota Tamakoce Te'Hila, nado na reserva india de Pine Ridge o 30 de xuño de 1938, é un atleta nativo americano da tribo síux dos Oglagla Lakota. É o segundo nativo americano (despois de Jim Thorpe) en conseguir unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orfo á idade de 12 anos, practicaba o boxeo e as carreiras. Finalmente abandonou o boxeo e adicouse a correr. Estudou na Universidade de Kansas e a continuación ingresou no corpo dos Marines dos Estados Unidos, onde obtivo a cualificación para participar nos Xogos Olímpicos de Toquio en 1964.
O favorito dos 10.000 m era o australiano Ron Clarke que posuía o récord mundial. A dúas voltas do remate da carreira, tres corredores ían en cabeza: o tunesino Mohammed Gammoudi, o favorito Ron Clarke e Billy Mills. A 300 metros da meta o tunesino colle algúns metros de distancia pero é inmediatamente alcanzado polos seus perseguidores. Neste momento, Billy Mills lanza un ataque e acada a vitoria, quedando segundo Mohammed Gammoudi e terceiro o etíope Mamo Wolde. Ron Clarke non puido soportar o ataque e non logrou ningunha medalla. Mills rebaixou en case 50 segundos a súa propia marca e estableceu un novo récord Olímpico (28:24.4).
Máis tarde Mills estableceu os récords estadounidenses para os 10.000 m, nas 3 millas e en 1965 bateu o récord do mundo nas 6 millas. A vida de Billy Mills foi levada ao cine en 1984 no filme Running Brave, protagonizado por Robby Benson. Actualmente, Mills é o voceiro da asociación 'Running Strong' pola Xuventude India Americana que traballa en proxectos a prol dos indios americanos, en especial da xuventude.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1938
- Nados na reserva india de Pine Ridge
- Pobo lakota
- Nados no condado de Shannon, Dacota do Sur
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1964
- Atletas olímpicos dos Estados Unidos de América
- Fondistas
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1964