Janusz Kusociński
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de xaneiro de 1907 Varsovia |
| Morte | 21 de xuño de 1940 Palmiry |
| Causa da morte | execución por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Palmiry Cemetery (en) |
| Altura | 167 cm |
| Peso | 72 |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Atletismo, carreira de longa distancia e xornalismo deportivo |
| Ocupación | fondista, xornalista deportivo, adestrador, corredor, atleta, Olympic champion (en) |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Organizacja Wojskowa "Wilki" |
| Rango militar | cabo |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Nacionalidade deportiva | Polonia |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | 5 000 metros carreira de longa distancia |
| Adestrado por | Aleksander Klumberg |
| Participou en | |
| 30 de xullo de 1932 | Xogos Olímpicos de 1932 |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Polski Słownik Biograficzny |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Los Ángeles 1932 | 10.000 m | ||
| Campionato de Europa de Atletismo | |||
| Turín 1934 | 5.000 m | ||

Janusz Tadeusz Kusociński, nado o 15 de xaneiro de 1907 en Varsovia e finado o 21 de xuño de 1940 en Palmiry, foi un atleta polaco, gañador dos 10.000 metros nos Xogos de 1932 dos Ánxeles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun traballador do ferrocarril, Janusz Kusociński, ou Kusy o seu alcume, xogou ao fútbol en varios equipos de Varsovia no colexio. Comezou no atletismo en 1928 logo de unirse ao club deportivo "Sarmata". O seu adestrador foi o famoso decatleta estoniano Aleksander Klumberg-Kolmpere.
Na súa primeira participación nos Campionatos Nacionais de Polonia, Kusociński deu a sorpresa gañando a proba dos 5.000 m e a de cross-country. Perdeuse a seguinte tempada porque foi chamado pola Armada Polaca, pero volveu máis forte ca nunca. Gañou nos campionatos de Polonia as probas dos 1.500 m e de 5.000 m, cross-country en 1930 e 1931, e dos 800 metros en 1932.
Xusto un mes antes dos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, Kusociński marcou un novo recorde mundial nos 3.000 m (8:18.8) e despois nese mesmo ano, marcou un récord mundial non oficial nas 4 millas nun tempo de 19:02.6. Nos Xogos, Kusociński gañou unha dura batalla contra os finlandeses Volmari Iso-Hollo e Lasse Virtanen nos 10.000 m, co mellor tempo mundial da tempada (30:11.4).
Despois de rematar segundo nos primeiros Campionatos de Atletismo de Europa en Turín nos 5.000 m, Kusociński decidiu retirarse do atletismo, aínda que volveu en 1939 gañando os 10.000 m nos Campionatos Nacionais de Polonia.
Kusociński foi voluntario na Armada Polaca, logo de que fora atacada polos alemás e resultou ferido en dúas ocasións. Janusz Kusociński foi arrestado pola Gestapo o 26 de marzo de 1940 durante a AB Aktion. Foi executado tres meses despois en Palmiry preto de Varsovia.