Millon Wolde
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de marzo de 1979 Adís Abeba |
| Altura | 178 cm |
| Peso | 59 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | fondista, atleta |
| Nacionalidade deportiva | Etiopía |
| Deporte | atletismo |
| Participou en | |
| 2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Sidney 2000 | 5.000 m | ||
| Campionato do Mundo de Atletismo | |||
| Edmonton 2002 | 5.000 m | ||
Millon Wolde, nado en Adís Abeba o 17 de marzo de 1979, é un atleta etíope, campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con tan só 17 anos participou en 1996 nos Mundiais Júnior de Sidney, onde acabou 6º na proba de 3.000 m valados. Ese ano tamén foi 8º no Campionato do Mundo Júnior de cross-country disputado en Cape Town, Suráfrica.
Nos seguintes Mundiais Júnior, celebrados en 1998 en Annecy, Francia, gañou o ouro nos 5.000 metros. Tamén ese ano se proclamou campión do mundo júnior de cross-country en Marrakech, sobre unha distancia de 8 km.
O seu primeiro grande éxito na categoría sénior foi a medalla de bronce dos 3.000 metros nos Mundiais en pista cuberta de Maebashi 1999. Nos mundiais ao aire libre de Sevilla dese mesmo ano, acabou 8º nos 5.000 m.
O maior éxito da súa carreira deportiva foi a medalla de ouro dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney, con só 22 anos. A priori non estaba entre os grandes favoritos, pero beneficiouse dun ritmo de carreira infrecuentemente lento, que lle permitiu chegar cos líderes á derradeira volta. 200 metros antes da meta lanzou o seu ataque definitivo e gañou con 13:35,49, no que sería a final máis lenta dende os Xogos Olímpicos de México. A medalla de prata foi para o alxeriano Ali Saidi-Sief e o bronce para o marroquí Brahim Lahlafi.
Nos Mundiais de Edmonton 2001, gañou a medalla de bronce tralo queniano Richard Limo e o alxerino Ali Saidi-Sief.
Despois non volveu participar en grandes competicións nin a conseguir resultados destacábeis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil IAAF Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.