Gunnar Höckert
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de febreiro de 1910 Helsinqui, Finlandia |
| Morte | 11 de febreiro de 1940 Istmo de Carelia, Rusia |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Hietaniemi |
| Altura | 178 cm |
| Peso | 67 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | fondista, atleta |
| Carreira militar | |
| Conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Nacionalidade deportiva | Finlandia |
| Deporte | atletismo |
| Participou en | |
| 1 de agosto de 1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Berlín 1936 | 5.000 m | ||
Gunnar Mikael Höckert (12 de febreiro de 1910; 11 de febreiro de 1940) foi un atleta finlandés, gañador dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Berlín.
A final dos 5.000 m nas Olimpíadas de Berlín comezou a un bo ritmo, marcado polo estadounidense Donald Lash, ata que tres finlandeses o alcanzaron despois de 2000 m. A carreira pronto virou nunha loita entre Höckert e o campión olímpico Lauri Lehtinen que ademais defendía o récord mundial. Na última volta Höckert adiantou a Lehtinen para facerse coa vitoria e acadar a mellor marca da tempada con 14:22.
Despois nese mesmo ano, o 16 de setembro en Estocolmo, Höckert acadou o récord mundial nos 3.000 m (8:14.8). Unha semana despois, na mesma pista, bateu un segundo récord mundial na proba das 2 millas (8:57.4). E outra semana despois disto, igualou o récord mundial en posesión de Jules Ladoumegue na proba dos 2.000 m (5:21.8) en Malmö, Suecia.
O resto da carreira deportiva de Höckert foi obstaculizada pola reuma, e nunca máis logrou achegarse ás marcas do ano 1936. En 1939 loitou na Guerra de Inverno como voluntario e así morreu no Istmo de Carelia xusto un día despois do seu trinta aniversario.