Josep Calavera
Josep Calavera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Josep Calavera Espinach | ||
Nacemento | 2 de outubro de 1999 e 2 de novembro de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Cabra del Camp | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Castellón | ||
Carreira xuvenil | |||
–2017 | Nàstic | ||
2017–2019 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2017 | La Pobla de Mafumet | 6 | (0) |
2018–2019 | Barcelona | 0 | (0) |
2018–2019 | → Lleida Esportiu (cedido) | 22 | (1) |
2019–2020 | Castellón | 21 | (0) |
2020–2022 | Atlético de Madrid B | 26 | (0) |
2021–2022 | → Deportivo da Coruña (cedido) | 14 | (0) |
2022– | Castellón | 47 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 4 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Josep Calavera Espinach, nado Cabra del Camp o 2 de outubro de 1999, é un futbolista español, que xoga de centrocampista no Castellón, da Primeira División RFEF.
É irmán do tamén futbolista Jordi Calavera.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do Nàstic de Tarragona, debutando en 2016 co seu filial da Terceira División, o La Pobla de Mafumet. En 2017, no seu último ano de xuvenil, fichouno o FC Barcelona.[1] No seu primeiro ano co equipo xuvenil do Barça, conquistou a Copa de Campións e a Liga Xuvenil da UEFA. Ao ano seguinte saíu cedido ao Lleida Esportiu, co que debutou na Segunda División B, xogando 22 partidos de liga e dous da Copa do Rei, e marcando un gol contra o Valencia Mestalla.
Na tempada 2019/20 fichou polo Castellón, tamén de Segunda B. Foi titular durante todo o tempo que estivo no equipo de Óscar Cano, que acabaría ascendendo a Segunda División, pero en febreiro abandonou o club para ingresar no Atlético de Madrid B, co que xogou durante a seguinte tempada e media.[2]
En xullo de 2021 saíu cedido ao Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[3] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[4] Con todo, só disputou 18 minutos máis en toda a primeira volta e tamén contou con pouco protagonismo na segunda, aínda que sumou máis partidos.[5]
Ao remate da tempada fichou polo Castellón, da mesma categoría.[6] Titular indiscutible no club orellut, xogou un total de 37 partidos na súa primeira tempada e disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Trullols, Joan (1 de agosto de 2019). "Barça y Josep Calavera separan sus caminos". Sport (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2021.
- ↑ "El Atlético ficha al ‘nuevo Busquets’, Josep Calavera". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2021.
- ↑ "Josep Calavera, novo xogador do Dépor 2021-2022". 14 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ Zautúa, Israel (3 de xullo de 2022). "Sin suerte... y desaparición misteriosa". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Josep Calavera, ex del Deportivo, nuevo fichaje del CD Castellón" (en castelán). 31 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "El Alcorcón remonta al Castellón para regresar a Segunda". Sport (en castelán). 25 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).