Joaquín Rodrigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Rodrigo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Joaquín Rodrigo Vidre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Sagunto, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Santa Isabel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale de Musique Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , pedagogo , musicólogo , pianista , coreógrafo , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera e zarzuela Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrancesc Antich Carbonell (en) Traducir, Paul Dukas, Maurice Emmanuel e André Pirro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeVictoria Kaspi (pt) Traducir (1933–) Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Páxina webjoaquin-rodrigo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0735006 Youtube: UCWHHhwlc4_Ok_1iRVCKnDYQ Spotify: 3eqv9LW7ZXlYWXVFjHS4Mr Musicbrainz: fde4460b-868a-493e-8c53-221e418c8959 Songkick: 487849 Discogs: 523642 IMSLP: Category:Rodrigo,_Joaquín Allmusic: mn0000254674 WikiTree: Rodrigo-22 Find a Grave: 6654396 Editar o valor em Wikidata

Joaquín Rodrigo Vidre, I marqués dos Xardíns de Aranxuez, nado en Sagunt (Valencia) o 22 de novembro de 1901 e finado en Madrid o 6 de xullo de 1999, foi un compositor español.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e estudos[editar | editar a fonte]

Rodrigo naceu o día da patroa dos músicos, Santa Icía. Aos tres anos de idade quedou practicamente cego por mor dunha infección de difteria. Segundo el, a perda parcial da vista púxoo no camiño da música.

Iniciou os seus estudos musicais con nove anos, estudando solfexo, violín e piano. Con 16 anos estudou harmonía e composición con profesores do Conservatorio de Valencia. As súas primeiras composicións (Suite para piano, Dous esbozos, suite para piano e violín e Siciliana, para violoncello) datan de 1923. A súa primeira obra para orquestra foi Juglares, de 1924, que foi premiada en Valencia e Madrid. Tamén obtivo un diploma nun concurso nacional pola obra Cinco pezas infantís, que máis tarde foi premiada tamén en París. Dende o principio da súa carreira, Rodrigo escribía os seus traballos en braille, que posteriormente eran transcritos por un escribente.

Estudos en París[editar | editar a fonte]

En 1927, seguindo o exemplo dos seus antecesores Isaac Albéniz, Manuel de Falla, Enrique Granados e Joaquín Turina, Rodrigo trasladouse a París para inscribirse na École Normale de Musique, onde estudou durante cinco anos, con Paul Dukas. Alí trabou amizade con Maurice Ravel, Darius Milhaud, Arthur Honegger, Igor Stravinskii e Manuel de Falla. En París coñeceu tamén a súa futura muller, a pianista turca Vitoria Kamhi, coa que casou o 19 de xaneiro de 1933. Kamhi era profesora diplomada no Conservatorio de París e alumna de Jerzy Lalewicz en Viena, e de Lazare Lévy e Ricardo Viñes en París. Rodrigo escribiu Sonata de adiós, para piano, en memoria do seu mestre Dukas trala súa morte en 1935. Continuou os seus estudos de música en Francia no Conservatorio da Sorbona, traballando tamén en Alemaña, Austria e Suíza, antes de volver a España en 1939 e instalarse definitivamente en Madrid.

Regreso a España[editar | editar a fonte]

Despois dunha difícil tempada en Francia por mor de problemas persoais (falta de traballo e penuria económica, así como a perda dun fillo a piques de nacer en 1939) no medio da inestabilidade por mor da guerra civil en España e o ambiente prebélico da segunda guerra mundial en Europa, os Rodrigo cruzaron a fronteira francoespañola con apenas unhas maletas nas súas mans, mais tamén co manuscrito da súa obra máis universal, o Concerto de Aranxuez.[2]

En 1940 tivo lugar en Barcelona a estrea mundial do Concerto de Aranxuez para guitarra e orquestra, un exemplo definitivo da súa personalidade musical e unha obra que lle trouxo sona universal. Dende ese momento, emprendeu numerosas actividades artísticas, creativas e académicas. En 1943 foi galardoado co Premio Nacional de Composición polo seu Concerto heroico para piano e orquestra, obra extenuante para o solista pola dificultade da súa parte e polo denso armazón orquestral.[3] En 1996, foi revisado por Joaquín Achúcarro, alixeirando a carga solista.

En 1948 gañou o primeiro premio no Concurso de conmemoración do nacemento de Cervantes, outorgado polo xurado composto por Pérez Casas, Guridi e Toldrá.[4]

Cultivou especialmente a canción, entre as que se contan Cántico de la esposa ou Cuatro madrigales amatorios.

Hai que destacar ademais a achega definitiva de Joaquín Rodrigo ao repertorio para guitarra, coa que logrou a súa dignificación e a súa consagración internacional como instrumento de concerto, cunha mención especial para a súa obra Fantasía para un gentilhombre, composta en 1954 sobre temas do compositor barroco Gaspar Sanz.

Faleceu en Madrid o 6 de xullo de 1999, dous anos despois do falecemento da súa esposa. Vitoria Kamhi, que fora a súa compañeira inseparable e a colaboradora máis importante en todos os aspectos do seu traballo como compositor. Ambos descansan no panteón familiar do cemiterio de Aranxuez xunto a unha guitarra cubista Homenaxe a Joaquín Rodrigo do escultor Pablo Serrano.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1983 foi galardoado co Premio Nacional de Música de España e foi ennobrecido en 1991 polo rei Xoán Carlos I co título de marqués dos Xardíns de Aranxuez. En 1996 foille concedido o Premio Príncipe de Asturias, outorgado «pola súa extraordinaria contribución á música española á que achegou novos impulsos para unha proxección universal». Ese mesmo ano recibiu a Medalla de Ouro de Sagunt, a Gran Cruz da Orde Civil da Solidariedade Social, e a Estrela de Ouro da Comunidade de Madrid.

En 1996, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.[5]

En 1998 o goberno francés honrouno co título de Commandeur des Arts et des Lettres, e pouco despois, recibiu o Premio ao Mellor Autor de Música Clásica da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Tamén en 1998 se lle concedeu a Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, e ao ano seguinte, a Medalla de Ouro do Festival de Granada. O Palau da Música de Valencia nomeou a sala de cámara ou "sala B" co seu nome.[6] O conservatorio superior de Valencia chámase tamén Joaquín Rodrigo.

Co principal obxectivo de asegurar a preservación e a difusión da música de Joaquín Rodrigo, a súa filla Cecilia, fundou a editorial Ediciones Joaquín Rodrigo en 1989, e creou a Victoria and Joaquín Rodrigo Foundation en 1999.

Obras[editar | editar a fonte]

Orquestrais[editar | editar a fonte]

  • Juglares (1923)
  • Cinco piezas infantiles (1924)
  • Tres viejos aires de danza (1926, 1929)
  • Zarabanda lejana y Villancico (1927-1930)
  • Per la flor del lliri blau (1934)
  • Dos piezas caballerescas (1945)
  • Soleriana (1953)
  • Música para un jardín (1957)
  • Adagio Para Orquesta de Instrumentos de Viento (1966)
  • A la busca del más allá (1976)
  • Palillos y panderetas (1982)

Concertos[editar | editar a fonte]

Instrumental[editar | editar a fonte]

  • Guitarra
    • Invocación y danza (1961)
    • Three Spanish Pieces [Tres Piezas Españolas - Fandango, Passacaglia, Zapateado] (1954)
    • Elogio de la guitarra (1971)
    • Dos preludios
    • En los trigales (1938)
    • Junto al Generalife
    • Sonata Giocosa
    • Toccata (1933, estreada en 2006)
    • Tonadilla (2 guitarras)
    • Sonata a la española
    • Zarabanda lejana (1926)
    • Tres pequeñas piezas (Ya se van los pastores- Por los caminos de Santiago- Pequeña Sevillana)
  • Piano
    • Suite para piano
    • Sonata de adiós
    • Sonatas de Castilla
    • Serenata española
    • Marcha de los subsecretarios
    • Preludio al Gallo mañanero
    • Tres evocaciones
    • Cinco danzas de España
    • A l'ombre de Torre Bermeja (Homenaje a Ricardo Viñes)
  • Violín
    • Capriccio
  • Violonchelo
    • Como una fantasía (1980)
  • Música de cámara
    • Dos esbozos para violín e piano
    • Sonata pimpante para violín e piano
    • Rumaniana para violín e piano
    • Set cançons valencianes para violín e piano
    • Siciliana para violoncello e piano
    • Sonata a la breve para violonchelo e piano
    • Aria antigua para frauta e piano

Música vocal[editar | editar a fonte]

  • Cántico de la esposa (1934)
  • Tríptic de Mossèn Cinto (1934-1946)
  • Cuatro canciones en lengua catalana (1935)
  • Cuatro madrigales amatorios (1947)
  • Romance del comendador de Ocaña (1947).
  • Ausencias de Dulcinea (1948)
  • Cuatro canciones sefardíes (1965)
  • Cantos de amor y de guerra (1968)
  • Rosaliana (1965)

Música coral[editar | editar a fonte]

  • Retablo de Navidad (1952)
  • Música para un códice salmantino, sobre un texto de Miguel de Unamuno, escrita para a celebración del VII Centenario da Universidade de Salamanca (1954)
  • Himnos de los neófitos de Qumran (1965, 1974)
  • Cántico de San Francisco de Asís (1982)

Música de escena[editar | editar a fonte]

  • Ballets : Pavana Real, Juana y los caldereros, La bella durmiente
  • Zarzuela : El Hijo Fingido
  • Oratorio : La Azucena de Quito (inacabada)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Decreto 1860/1991, de 30 de diciembre de 1991, por el que se otorga el título de marqués de los Jardines de Aranjuez a Don Joaquín Rodrigo Vidré. Boletín Oficial del Estado.
  2. Laredo, Carlos (2015). Joaquín Rodrigo (en castelán). Sinerrata Editores. ISBN 9788415521235. 
  3. "Naxos". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  4. Lolo, Begoña (2007). Cervantes y el Quijote en la música: estudios sobre la recepción de un mito. Centro Estudios Cervantinos. ISBN 9788496408418. 
  5. Cuartas, Javier (25 de maio de 1996). "Joaquín Rodrigo, decano de los compositores españoles, recibe el Premio Príncipe de Asturias". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  6. Carrillo,, Luisa (D.L. 2012). 25 años de música. Ajuntament de València, Servicio de Publicaciones. ISBN 9788484843726. OCLC 828281089. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]