Josep Carreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Carreras
Nacemento5 de decembro de 1946
Lugar de nacementoSants
NacionalidadeEspaña
Alma máterConservatorio Superior de Música do Liceo
Ocupacióncantante de ópera e artista discográfico
PremiosBavarian Order of Merit, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Grand Decoration of Honour for Services to the Republic of Austria, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Premio Steiger, Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha, Cabaleiro da Lexión de Honra, gran oficial da Orde da Estrela de Romanía, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, Comendador das Artes e as Letras, honorary doctor of the Saarland University, Premio Memorial Francesc Macià, Medal of Honor of the Parliament of Catalonia, Catalan Disc of the Year Award, Osgar e Josep Trueta Medal
Na rede
IMDB: nm0007168 Allocine: 28013 Allmovie: p11252
Spotify: 1ahGKezyX9Rl7GuEF2tc15 iTunes: 387319 Musicbrainz: 7716ddac-2f24-44fa-81b1-bfa920811445 Songkick: 330260 Discogs: 462603 Allmusic: mn0000051740 Genius: Jose-carreras Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Josep Carreras, nado en Barcelona o 5 de decembro de 1946, é un tenor de orixe catalá, famoso polas súas interpretacións en obras de Verdi e de Puccini. Adquiriu nome grazas a súa participación en "Os Tres Tenores" xunto a Luciano Pavarotti e Plácido Domingo. Retirouse o 7 de maio de 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreras demostrou as súas aptitudes musicais dende neno. Á idade de oito anos realizou a súa primeira actuación en público ó cantar La donna è mobile na radio española. Ós once anos apareceu por primeira vez no Liceu barcelonés como un novo soprano no papel de narrador da ópera de Manuel de Falla El retablo de Maese Pedro e nun pequeno papel no segundo acto de La Bohème.

Durante a súa adolescencia, Carreras estudou no Conservatorio Superior de Música do Liceo. Debutou en 1970 en Barcelona como Ismael en Nabucco e na ópera Norma, chamando a atención da soprano Montserrat Caballé, que protagonizaba a obra. Caballé invitoulle a cantar na produción Lucrezia Borgia, o primeiro grande éxito de Carreras. Volveu cantar con Caballé no 1971 interpretando Maria Stuarda en Londres. Os dous cantantes coincidiron en varias obras.

En 1972 debutou nos Estados Unidos no papel de Pinkerton de Madame Butterfly. En 1973 debutou en Londres e, en 1974, en Viena, interpretando A Traviata. Ós 28 anos, Carreras cantara xa 24 óperas distintas. En 1978 interpretou Don Carlo no Festival de Salzburgo, baixo a dirección de Karajan. En 1984 recibiu a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya. En 1987, cando se atopaba no cume da súa carreira, foille diagnosticada unha leucemia e os médicos déronlle poucas posibilidades de sobrevivir. Tras duros tratamentos que incluíron radioterapia e quimioterapia e un autotransplante de medula, Carreras puido reanuda-la traxectoria artística. En 1988 fundou a Fundación Josep Carreras contra a leucemia, unha organización que apoia economicamente a investigación contra a leucemia e que mantén un banco de doantes de medula ósea.

En 1991, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, colectivamente, con Victoria de los Ángeles, Teresa Berganza, Pilar Lorengar, Montserrat Caballé, Alfredo Kraus e Plácido Domingo.[1]

En 1991 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Artes. O 13 de setembro de 2002 inaugurou en Sant Joan d'Alacant unha praza en homenaxe ó labor realizada na loita contra a leucemia. O 22 de setembro de 2006 inaugurou en Fuenlabrada un teatro que leva o seu nome. O 17 de xuño de 2008 celebrou un acto no Teatre del Liceu de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debut no mesmo escenario

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Albert, Antonio (18 de outubro de 1991). "Premios Príncipe de Asturias". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]