Joaquín Soler Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joaquín Soler Serrano, nado en Murcia o 19 de agosto de 1919 e finado en Barcelona o 7 de setembro de 2010[1], foi un locutor de radio e xornalista español, especialmente popular durante a época do tardofranquismo en España. Destacou especialmente na súa faceta de entrevistador nos programas A fondo e Perfiles.

Recibiu os premios máis importantes do xornalismo, como o Premio Nacional de Radiodifusión en 1961, o Premio Ondas nas edicións de 1955, 1959, 1962, 1976 e 1999 e o Premio ABC ao mellor presentador en 1977.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fallece Soler Serrano, nova no diario Público o 7 de setembro de 2010. (en castelán)