Gaspar Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaspar Sanz
Gaspar Sanz.jpg
Nome completoFrancisco Bartolomé Sanz y Celma
Data nacemento4 de abril de 1640
Nado enCalanda
Falecementoc. 1710
 Madrid
Ocupaciónpresbítero, compositor, profesor de música, guitarrista e guitarrista clásico
Instrumento(s)guitarra
PseudónimoGaspar Sanz
Na rede
Musicbrainz: e1975032-7d64-417c-80c8-c9b7e95c3e07 Discogs: 841456 IMSLP: Category:Sanz,_Gaspar Allmusic: mn0001206938 Editar o valor em Wikidata

Gaspar Sanz, nome artístico de Francisco Bartolomé Sanz y Celma, nado en Calanda (Teruel) o 4 de abril de 1640 e finado probablemente en Madrid en 1710, foi un crego católico e un guitarrista español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou Música, Teoloxía e Filosofía na Universidade de Salamanca, da que parece que chegou ser catedrático de Música. Máis tarde viaxou até Italia, onde proseguiu os seus estudos de órgano na Capela Real de Nápoles e, logo, en Roma, onde perfeccionou os seus estudos de guitarra con Lelio Colista.

Tornou para España moi influído da súa estada en Italia, e pasou a ser instrutor de guitarra de Xoán II de Austria, a quen lle dedicou o libro "Instrución de música sobre a guitarra española".

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra destaca polo grande número de edicións que acadou, de feito que non só influíu no panorama español da guitarra barroca senón que se estendeu ao longo de todo o século XVIII, época na que tratados e edicións o toman por modelo.

O seu tratado para guitarra é un manual completo de interpretación, con todo tipo de consellos técnicos e mosicais, acompañado de composicións do mesmo Sanz, que suman entre os tres volumes que forman o libro 90.

Da obra de Sanz fixéronse no XVII dúas edicións: a primeira en 1675 e a seguinte en 1697, aínda que os tres volumes que conforman a obra completa son de 1675. Posiblemente máis adiante se realizaron novas edicións, xa que Sanz gustaba de facer varias no mesmo ano, porque a obra se fixo moi popular. Polo prólogo da edición de 1675 sabemos que a obra se conserva completa, porque nel indica que a súa obra consta de tres libros. Tanto o libro segundo como, sobre todo, o terceiro, conteñen composicións de maior dificultade que o primeiro.

Sanz na actualidade[editar | editar a fonte]

No século XIX a música de Gaspar Sanz consolídase como unha referencia da historia dos manuais de guitarra. Na actualidade, a obra de Gaspar Sanz forma parte do repertorio estándar da maioría dos concertistas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]