Historia medieval de Galicia
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 0 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
![]() | Suxeriuse que "Galicia altomedieval" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
![]() | Suxeriuse que "A Galicia feudal" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
A historia medieval de Galicia abarca a historia de Galicia na Idade Media; do século V, coa caída do Imperio Romano de Occidente, ao século XV, co inicio da Idade Moderna.
Orixe
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia antiga de Galicia.
A comezos do século V, a provincia romana de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estendíase polo noroeste da Península Ibérica, desde as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur. Compoñíase administrativamente de catro conventos (conventus) xurídicos con cadansúa capital, así o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga, que tamén exercía como capital da provincia), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este último o que foi integrado máis tardiamente na Gallaecia (século IV), pois antes pertencera á Tarraconense.
Alta Idade Media
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Alta Idade Media.
A época altomedieval estendeuse desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o século XI. O Imperio Romano caeu baixo a presión das migracións xermánicas. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans dos suevos e dos vándalos asdingos. Despois dunha guerra entre ambos, os suevos impuxéronse formando un Reino suevo que se mantería en conflito coas elites galaico-romanas e cos visigodos, culminando cunha guerra civil que duraría ata o reinado de Remismundo.
Século V - Reino Suevo
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Wisigothic-states.png/250px-Wisigothic-states.png)
- Artigo principal: Reino Suevo.
Os suevos entraron no noroeste peninsular seguindo a costa e evitando a zona de León, para evitaren así enfrontamentos coa milicia romana. De vida itinerante, estaban dirixidos por unha aristocracia guerreira e preferíanse asentar no medio rural e non nas cidades ou vilas. Coa toma de Lucus Augusti, os xermánicos adquiriron o control definitivo da provincia. A cultura material non diferirá moito da galaico-romana. Os suevos, dado o seu escaso número, concentráronse no territorio que arrodea Braga.
Entre 429 e 456 emprenderon expedicións de saqueo fóra; coa derrota no río Órbigo, pasaron á área de influencia dos visigodos (chegados á Península co obxectivo pactado con Roma de contelos), á que se incorporan definitivamente no 585. Convertéronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, aínda que non moito despois tornarían ao arianismo ao entraren na órbita visigótica, para volveren por fin á ortodoxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dumio.
Paulo Orosio, que coñeceu a Agostiño de Hipona e a Xerome de Estridón, foi o autor da Historiarum adversus Paganos Libri VII (Os sete libros da historia contra os pagáns) contra Prisciliano; Hidacio, orixinario da Limia e bispo da Diocese de Aquæ Flaviæ desde 427, é autor do Chronicon, que chega até o ano 469.
Século VI
[editar | editar a fonte]A mediados do século VI, as fontes histórico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento político-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura política e eclesiástica toma forma e propicia o establecemento de núcleos administrativos tales como sedes eclesiásticas, ao que se lles adxudican un número de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia é o compromiso real na tarefa de organización plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa. Entre toda a documentación do período suevo, sobresae sen dúbida a coñecida como Parrochiale suevorum, redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensión territorial do goberno suevo así como a estrutura administrativa interna do reino.
Martiño de Dumio, orixinario da Pannonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parochiale suevorum (572-582).
Século VII - Reino Visigodo
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Reino Visigodo e Reino Visigodo en Galicia.
Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.
Século VIII - Invasión musulmá
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Invasión musulmá da Península Ibérica.
A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmá de 711.
Século IX - Reinos cristiáns de Gallaecia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Reino de Galicia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Rembrandt_-_Sankt_Jakobus_der_%C3%84ltere.jpg/200px-Rembrandt_-_Sankt_Jakobus_der_%C3%84ltere.jpg)
En 813, o bispo Teodomiro anunciou a descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago.
O fin do primeiro milenio viu certo crecemento demográfico e a repoboación de zonas cada vez máis ao sur, a través do sistema de "presura". A comezos do segundo as costas padeceron os saqueos viquingos. Desde o século IX comezaron a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso.
Século X - Invasións e defensa
[editar | editar a fonte]Baixa Idade Media
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Baixa Idade Media.
A época baixomedieval abrangue o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos otománs e do descubrimento de América, a finais do século XV.
Século XI
[editar | editar a fonte]Século XII - Literatura galego-portuguesa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Literatura galego-portuguesa.
Século XIII
[editar | editar a fonte]De comezos do século XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.
Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores a través dun " villicus "; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.
A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co Camiño Francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).
Á beira das catedrais e dos seus cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).
Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, desde 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior (" Adelantado Mayor de Galicia ", ligado á casa de Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.
Século XIV
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Mu%C3%AD%C3%B1os_-_Caldas_de_Reis_1.jpg/220px-Mu%C3%AD%C3%B1os_-_Caldas_de_Reis_1.jpg)
Desde que o Reino de Galicia pasou progresivamente a depender da monarquía castelá, así como o constante desgastade da súa alta aristocracia en conflitos dinásticos que buscaban a fin da dominación castelá, acabaría esmorecendo a súa capacidade de actuación. Despois das terríbeis fames e pestes do século XIV.
Século XV - Gran Guerra Irmandiña
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Guerra Irmandiña.
A conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).
A propiedade da terra constituía o elemento de diferenciación social e provocaba a necesidade de pedir protección. Esta protección pagábase encomendando terreos propios ou cedéndoos como pagamento de rendas; foise consagrando así o sistema de privilexios nobiliarios.
Séculos Escuros
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Séculos Escuros.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carriedo Tejedo, Manuel (2005). "Pervivencia altomedieval (714-1080) de la “Gallaecia” suevo-visigoda (561-714)". Memoria Ecclesiae (en castelán) (Oviedo: Asociación de Archiveros de la Iglesia en España) (27): 553–590.
- Rodríguez Castillo, Héctor (2005). Os mosteiros dúplices en Galicia na alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-56-0.
- Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII). Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-45-5.
- Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na alta idade media de Galicia: o enxoval. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-120-6.
- García Oro, José (1999). Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-58-4. (2ª edición)
- Paredes Mirás, María del Pilar (2002). Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-47-5.