Parochiale suevorum
O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI[1], onde se reflicte a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as nove tradicionais reflectidas no Concilio de Lugo, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Coimbra, Idanha, Lamego e Viseu. Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga[2]). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. A súa importancia reside en non existir equivalente na época en ningunha outra provincia eclesiástica[3]. Constitúe por tanto unha das referencias historiográficas máis importantes para a localización de pobos e poboacións na Gallaecia pos-romana, especialmente durante o Reino suevo.
Dioceses[editar | editar a fonte]
O documento recolle as seguintes dioceses:
- Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea, Verugio, Bibalos, Teporos, Geurros, Pincia, Cassauio, Verecanos, Sanabria, Calapacios maiores.
- Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos.
- Diocese de Braga: Bracarensem, Centumcelas, Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis, Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. Así como os pagus: Panonias, Laetera, Brigantia, Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio.
- Diocese de Bretoña: Britonorum, Monasterio Maximi,
- Diocese de Conimbriga: Conembrica, Eminio, Selio, Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum.
- Diocese de Dume: Dumio.
- Diocese de Idaña: Egitania, Municipio, Francos.
- Diocese de Iria: Iria, Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mercienses, Pestemarcos,
- Diocese de Lamego: Lamego, Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos.
- Diocese de Lugo: Lugo, Carioca, Seuios, Cauarcos,
- Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo, Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria, Villa Gomedei, Tauvase. Tamén os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca.
- Diocese de Tui: Tudensem, Turedo, Tabulela, Lucoparre, Aureas, Langetude, Carisiano, Marciliana, Turonio, Celesantes, Toruca, Aunone, Sacria, Herbilione, Cauda, Ovinia, Cartase.
- Diocese de Viseu: Viseu, Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Parochiale sueuum. Itineraria et Alia Geographica. In Corpus christianorum. CLXXV: p, 411-420. Typography Brepols Editores Pontificii. 1965.
- Bermúdez Beloso, Mariña; Ibáñez Beltrán, Luis Manuel (2020). "Una cartografía para los once condados de la diócesis de Lugo: hacia una nueva aproximación al Parrochiale Suevum". Vínculos de Historia (en castelán) (9): 181–201. ISSN 2254-6901. doi:10.18239/vdh_2020.09.09.
- David, Pierre (1947). Études historiques sur la Galice et le Portugal du VIe au XIIe siècle, págs. 19-82. Instituto de Estudos Históricos Dr António de Vasconcelos, Coimbra (en francés).
- De Gouveia, Mário. Do Parochiale sueuum ao Prouinciale uisigothicum: ficheiro analítico. I – Paróquias suévicas
- López Alsina, Fernando (2013). "El Parrochiale Suevum y su presencia en las cartas pontificias del siglo XII" (PDF). Das begrenzte Papsttum: Spielräume päpstlichen Handelns. Legaten - delegierte Richter - Grenzen. Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen, Neue Folge (en castelán) (Berlín: Walter de Gruyter GmbH) 25: 105–132. ISBN 978-3110304633. doi:10.26015/adwdocs-1177.
- Novo G., J. Miguel (1998). "Lugo en los tiempos oscuros. Las menciones literarias de la ciudad entre los siglos V y X (III)" (PDF). Boletín do Museo Provincial de Lugo (en castelán) (8 (2)): 177–193. ISSN 0212-8438.
- Sánchez Pardo, José Carlos (2014). "Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del Parroquial Suevo". Hispania Sacra (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) 66 (134): 439–480. ISSN 0018-215X. doi:10.3989/hs.2014.058.