Historia moderna de Galicia
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Historia moderna de Galicia | |
Mapa do Reino de Galicia de c. 1603 | |
Historia | Historia de Galicia |
Cronoloxía | Cronoloxía de Galicia |
Categoría | Historia de Galicia |
Prehistoria | |
Prehistoria de Galicia | |
Idade Antiga | |
Historia antiga de Galicia | |
Idade Media | |
Historia medieval de Galicia | |
Idade Moderna | |
Historia moderna de Galicia | |
Século XV | |
1467 - 1469: Gran Guerra Irmandiña 1486 - 1516: Visita e doma dos Reis Católicos | |
Século XVI | |
Séculos Escuros 1528: Xunta do Reino de Galicia 1580 - 1640: Unión Ibérica | |
Século XVII | |
1640 - 1668: Restauración Portuguesa | |
Século XVIII | |
1717 - 1720: Guerra da Cuádruple Alianza 1719: Toma de Vigo c. 1750: Ilustración galega | |
Idade Contemporánea | |
Historia contemporánea de Galicia | |
Relacionados | |
Historia | Historia da lingua galega |
Artigos | Pobo galego Reino de Galicia Historiografía do Reino de Galicia |
A historia moderna de Galicia abrangue a historia de Galicia durante a Idade Moderna. A modernidade comezou en Galicia a fins do século XV[1] coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do Imperio Español. A partir do que a historiografía ten chamado "doma e castración do reino", o Reino de Galicia perdeu iniciativa política e autonomía económica e a súa historia entra dentro do marco da historia española. Nomeouse un capitán xeneral, constituíuse a Real Audiencia e designáronse tamén corrixidores para as principais cidades que, con outras figuras, fixeron posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendencia asumiu as competencias militares e de facenda, os corrixidores as de policía e xustiza, e a Audiencia nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta do Reino de Galicia, especie de parlamento moi limitado
Século XV
[editar | editar a fonte]A conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).
Gran Guerra Irmandiña
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Guerra Irmandiña.
Doma e castración
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Doma e castración do Reino de Galicia.
Século XVI
[editar | editar a fonte]Séculos Escuros
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Séculos Escuros.
Xunta do Reino de Galicia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xunta do Reino de Galicia.
Unión Ibérica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Unión Ibérica.
Século XVII
[editar | editar a fonte]Restauración Portuguesa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Restauración Portuguesa.
Século XVIII
[editar | editar a fonte]Guerra da Cuádruple Alianza
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Guerra da Cuádruple Alianza.
Toma de Vigo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Toma de Vigo.
Ilustración galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Ilustración en Galicia.
Sociedade
[editar | editar a fonte]Cun crecemento demográfico moito máis sostido que nos reinos veciños, a mediados do século XVIII o Reino de Galicia chegou a triplicar a densidade de poboación de Castela. Ademais, durante este período, o 90% da poboación era rural e as vilas moi cativas, de xeito tal que a mediados do XVI só Pontevedra, Compostela e Ourense superaban os 1 000 veciños. Na Galicia do século XVIII nin se produciu a explosión demográfica, nin o crecemento das cidades, nin a expansión das comunicacións, nin a revolución agrícola, nin a Revolución Industrial doutras partes de Europa. A mediados do século XVIII o 75% da poboación dedicábase ao sector primario e o resto repartíase entre o secundario e o terciario. Compárase isto cunha Castela máis desenvolvida, na que as proporcións son, respectivamente, de 55, 15 e 30%.
Exceptuando as cidades, a metade do territorio pertencía a señoríos eclesiásticos e o resto dividíase entre señoríos laicos e reguengos. Co tempo, con nobreza absentista e altos cargos foráneos, foi a fidalguía local quen maior beneficio obtiña do sistema de rendas e foros e das innumerábeis taxas.
O poder absoluto que tivo a Igrexa católica sobre o pensamento foi parello ao progresivo afianzamento dos métodos do absolutismo. Empeñada nun intenso programa de moralización, dela dependían o ensino, a asistencia hospitalaria e a beneficencia.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura, complementada coa gandería, constituían o principal sector económico. De acordo coa calidade das terras existían dúas grandes zonas, occidental e oriental, a primeira de moito mellor rendemento e variedade e máis anovadora nos cultivos e sistemas de rotación. Durante este período produciuse unha perda do valor da gandería e unha preferencia polas especies estabuladas (vacas e porcos) en detrimento de ovellas, cabras e cabalos. Aumentou a intensidade do aproveitamento e, en consecuencia, reduciuse o tamaño dos predios rústicos, aumentou o regadío e os montes comunais perderon en extensión. O millo desbancou no XVI a todos os demais cultivos nas áreas litorais; na segunda metade do XVIII irrompeu a pataca, de preferencia nas zonas de interior.
Outras actividades menores incluían a pesca, o comercio e a industria. A pesca adquiriu importancia real a fins do XVIII coa chegada de fomentadores cataláns, que introduciron novas técnicas pesqueiras e lle deron pulo á industria conserveira. Aumentou a importancia das feiras comarcais, se ben non se producían excedentes dabondo nin existía un tecido comercial capaz de impulsar as exportacións, polo que este sector permaneceu estancado. Da mesma maneira, o reducido do consumo interior impediu o asentamento de núcleos industriais, decaendo a artesanía téxtil rural e as ferrarías e aumentando só o artesanato rural e as curticións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Porén, Pegerto Saavedra sinala un período de tránsito entre a Idade Media e a Idade Moderna en Galicia que abranguería entre 1470 e 1530. Pegerto Saavedra, Da Idade Media á Idade Moderna: As bases do Antigo Réxime Galego en III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Migués, Vítor Manuel (2002). As terras, as pousas e os vinculeiros. A fidalguía galega na Época Moderna. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-058-7.
- Sobrado Correa, Hortensio (2001). Las tierras de Lugo en la Edad Moderna. Economía campesina, familia y herencia, 1550-1860. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza (en castelán). ISBN 84-89748-88-8.